Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por poxa das obras que a seguir se relacionan, incluídas no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e de rede viaria local 2001.

1. Colector de saneamento en Pravio: orzamento: 13.154.211 pesetas, IVE incluído (79.058,40 euros).

2. Colector de saneamento en Brexo-Lema: orzamento: 9.690.641 pesetas, IVE incluído (58.241,92 euros).

3. Rede de sumidoiros en Pravio, zona rural: orzamento: 13.758.486 pesetas, IVE incluído (82.690,17 euros).

Os anuncios de licitación publicáronse no BOP nº 105, do 9 de maio do ano en que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no departamento de contratación, na primeira planta da casa do concello.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de vinteseis días naturais a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 14 de maio de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde