Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 4 de abril de 2001, o proxecto de urbanización do contorno da parcela dos Padres Pasionistas, promovido por Dosemas, S.L., e redactado

polo arquitecto Santiago Domínguez Baltar, con data de visado colexial de 19 de decembro de 2000 e documentación complementaria visada o 16 de febreiro de 2001, sométese á información pública polo prazo dun mes para efectos de alegacións, conforme o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O expediente estará á disposición dos interesados na oficina de obras do concello.

Caldas de Reis, 20 de abril de 2001.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde