Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 4 de abril de 2001, o proxecto de urbanización de vía xunto ó colexio da Encarnación, 1ª fase, promovido polo Concello de Caldas de Reis, e redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas Miguel Ángel Pérez López, sométese a información pública polo prazo dun mes para efectos de alegacións, conforme o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O expediente estará á disposición dos interesados na oficina de obras do concello.

Caldas de Reis, 20 de abril de 2001.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde