Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, en sesión que tivo lugar o 4-10-2000 e coa asistencia de tódolos seus membros, entre outros, adoptou o seguinte acordo que, na súa parte dispositiva e literalmente, di:

«4. Aprobación definitiva da modificación puntual das NN.SS.PP. co condicionamento sinalado no informe da Dirección Xeral de Urbanismo».

Sen máis intervencións o asunto sométese a votación e a Corporación, por unanimidade dos seus membros, acorda:

-A aprobación definitiva da modificación puntual das NN.SS. do planeamento para a ordenación da unidade de actuación nº 2, de conformidade co sinalado no informe autonómico, ou sexa:

* Deberá cualificarse como espacio libre de dominio e uso público a totalidade do espacio interior (incluída a vía e as súas beirarrúas e os espacios libres) situado entre as aliñacións das pezas edificables e das parcelas dotacionais, sen que iso impida a posibilidade de permitir un acceso rodado restrinxido.

* Incluirase un plano de cualificación de solos detallado no que figure a correspondente ordenanza das vixentes normas municipais que sexa de aplicación en cada zona.

-A publicación íntegra da modifiación, así como o acordo de aprobación no BOP. A modificación non entrará en vigor ata que transcorra o prazo sinalado no artigo 65.2º, por remisión do 70.2º, da Lei 7/1985.

-A publicación íntegra da modificación no DOG e remisión de copia autenticada do expediente á devandita consellería, así como de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente debidamente dilixenciados pola secretaría do concello.

Esta dilixencia estenderase sobre a documentación corrixida segundo os condicionamentos expresados no 1º punto.

-Nas publicacións sinaladas deberá facerse consta-lo réxime de recursos contra o acto de aprobación.

-Así mesmo, estenderase dilixencia na que se advirte da modificación nos documentos afectados por esta no planeamento previo.

O texto íntegro do articulado da modificación, así como dos planos e fichas correspondentes, publicáronse no BOP de Pontevedra nº 70, do 9-4-2001.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contados desde o seguinte ó da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998).

Todo iso sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se coide máis procedente e sexa conforme a dereito.

O que se fai público, en cumprimento do ordenado e para os efectos oportunos.

Bueu, 10 de abril de 2001.

O secretario

Rubricado