Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.836

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 10 de maio de 2001 pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001.

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 29.1º atribúelle á Comunidade Autónoma, en concordancia co artigo 149.1º.7 da Constitución española, competencia para a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, funcións e servicios correspondentes a este ámbito.

Na actual estructura orgánica da Xunta de Galicia, en virtude do disposto no Decreto 488/1997, do 26 de decembro, modificado polo Decreto 117/1999, do 25 de abril, e polo Decreto 202/2000, do 21 de xullo, a convocatoria, xestión e control das axudas á contratación por conta allea, como instrumentos da política activa de emprego, e dentro do ámbito funcional da súa Dirección Xeral de Fomento do Emprego, correspóndelle á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, transferiuse á Comunidade Autónoma de Galicia a xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego, no ámbito do traballo, o emprego e a formación, transferencia que foi efectivamente asumida e asignada á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude; na súa virtude, correspóndelle a convocatoria, a regulación específica, a xestión e o control das axudas e subvencións á contratación indefinida de traballadores con discapacidade, antes xestionadas polo Instituto Nacional de Emprego e reguladas no Real decreto 1451/1983, do 11 de maio, e na Orde do 13 de abril de 1994 que desenvolve o capítulo II do mencionado Real decreto.

O Decreto 47/1999, do 18 de febreiro, polo que se regulan os incentivos á contratación indefinida como consecuencia de acordos ou pactos sobre reordenación do tempo de traballo que implique a creación de emprego neto en Galicia, prevé a convocatoria de axudas á contratación indefinida como consecuencia de acordos ou pactos sobre reordenación ou reducción do tempo de traballo que, pola súa vez, contribúan a aumenta-la productividade e competitividade das empresas galegas.

A Xunta de Galicia, a través da consellería con competencias en materia de emprego, vén convocando anualmente un marco de axudas á contratación por conta allea ó abeiro dos sucesivos plans de fomento do emprego, en atención a programas propios e a programas cofinanciados polo Fondo Social Europeo, na actualidade incorporados no Programa Operativo Integrado de Galicia para o período 2000-2006.

Nesta liña de actuación, e tendo en conta as directrices emanadas do Consello Europeo Extraordinario de Luxemburgo, e no marco dos acordos sobre medidas para o crecemento e o emprego en Galicia 1998-2001, asinado o 13 de xullo de 1998 pola Xunta de Galicia, a CEG, UGT-Galicia e o S.N. CC.OO. de Galicia, articulouse un conxunto de medidas para o fomento da contratación e da estabilidade no emprego que teñen como finalidade facilita-la creación de emprego estable e de calidade que favoreza a competitividade das empresas e contribuír á diminución da taxa de temporalidade, da rotación no mercado de traballo e a reducción do desemprego.

Neste contexto e no marco permanente de diálogo cos axentes sociais na correspondente comisión de seguimento dos citados acordos considerouse necesario reordena-los intrumentos autonómicos de apoio á contratación. Pola súa vez, seguindo na liña de mante-la conveniente complementariedade cos incentivos estatais, redefínense os colectivos prioritarios en atención ás novidades introducidas no Real decreto lei 5/2001, do 2 de marzo.

Nesta área de actuación para o ano 2001 establécese un programa específico de apoio á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral que se regula nunha orde de convocatoria propia e, pola súa vez, mantéñense cos axustes e adaptacións técnicas os demais programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego que seguindo a técnica de anos anteriores, se agrupan nunha soa orde de convocatoria; non obstante para conserva-la identidade e especificidade de cada un deles recóllense en anexos independentes as características propias de cada programa. Tamén se regulan separadamente os incentivos á contratación dirixidos a facilita-la conciliación da vida laboral e familiar que no ano 2001 contarán cunha orde propia.

Esta orde ten por obxecto establece-las bases reguladoras dos ditos programas, que se concretan nos seguintes:

A) No anexo A desta orde establécense as bases específicas do programa de axudas á contratación indefinida das persoas con discapacidade, coa finalidade de impulsa-la súa inserción laboral por ser este o mellor instrumento para logra-la plena e eficaz integración social deste colectivo. De acordo co artigo 37 da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos, que establece que a integración laboral destas persoas debe realizarse fundamentalmente a través do sistema ordinario de traballo, preténdese favorece-la incorporación dos traballadores discapacitados a postos de traballo na empresa ordinaria. Dadas as especiais dificultades que encontra este colectivo para a súa inserción no mercado de traballo, na presente orde, en concordancia co Real decreto 1451/1983, do 11 de maio, modificado polo Real decreto 4/1999, do 8 de xaneiro, establécense diversos incentivos que pretenden incidir na decisión dos empresarios á hora de incor

porar ós seus cadros de persoal persoas con discapacidade.

Na programación do ano 2001 incorpóranse novos incentivos para fomenta-lo emprego das mulleres con discapacidade e daqueles minusválidos cunha maior limitación funcional, en atención ó grao de minusvalidez.

B) No anexo B regúlanse as bases específicas do programa de fomento da contratación indefinida, reorientando os incentivos á contratación indefinida por colectivos que teñen demostrado os seus efectos positivos para mellora-la estabilidade e, pola súa vez, para facilita-la inserción laboral das persoas con máis dificultades para accederen ó mercado de traballo, refórzase o seu carácter de instrumento dirixido a fomenta-la inserción laboral, por iso os incentivos se estructuran con carácter único para cada colectivo, priorizándose o colectivo de xoves e parados cun tempo de permanencia en desemprego igual ou superior a seis meses, de maiores de 45 anos e parados de moi longa duración e mulleres como medida de discriminación positiva no eido da igualdade de oportunidades.

Tamén se establecen as bases dos incentivos ás transformacións de contratos temporais en indefinidos, ben que limitados ós contratos de aprendizaxe, para a formación, de relevo e se introduce como novidade a incentivación da conversión en indefinidos dos contratos de interinidade e dos de substitución por anticipación da idade de xubilación.

Para seguir avanzando na igualdade de oportunidades no acceso e permanencia no mercado de traballo, nos incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos, establécese un incremento lineal cando afecten a mulleres.

Por outra parte, mantense o incentivo específico pola contratación indefinida do primeiro traballador, co obxecto de continuar estimulando e incidindo naquelas empresas que con potencialidade para a creación de emprego non adoptan tal decisión polo risco que pode comporta-la contratación inicial, o que ten unha especial relevancia en Galicia polo significativo número de microempresas no que se detecta tal situación. Tamén se contempla como medida de discriminación positiva un incremento lineal da subvención cando se trate de mulleres.

C) Sen esquece-la perspectiva da necesaria estabilidade, tamén se manteñen para supostos suficientemente xustificados a incentivación da contratación de duración determinada ou temporal nos seguintes programas:

a) Programa de axudas á contratación de traballadores desempregados en risco de exclusión social. Ademais da incentivación da contratación indefinida, recóllense axudas pola contratación temporal das persoas en perigo ou risco de exclusión social, co fin de facilita-la súa integración laboral e, en definitiva, o seu desenvolvemento persoal e social (anexo C).

b) No anexo D establécense as bases específicas dos programas de fomento dos contratos en prácticas de mozos e mozas titulados e para a innovación tecnolóxica. A importancia da contratación en prácticas como instrumento que permite o acceso dos mozos ó emprego e que incide na mellora da súa empregabilidade favorecendo a súa permanencia no mercado de traballo, aconsella que se continúe con esta liña de incentivación. Refórzanse os incentivos dos contratos en prácticas cando estean vinculados a proxectos I+D, coa dobre finalidade de facilita-la aproximación dos mozos titulados ó mercado laboral e de fomenta-la innovación das empresas galegas, co obxecto de dinamiza-lo intercambio de capacidades científicas e tecnolóxicas no mercado laboral para acadar maiores cotas de productividade e competitividade. Na perspectiva de fomenta-la estabilidade no emprego o citado programa compleméntase cun reforzamento dos incentivos pola transformación dos ditos contratos en indefinidos, facilitando e

promovendo a incorporación á empresa como persoal fixo sen ruptura da continuidade e cunha liña de axudas pola contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D. Co obxecto de incidir na integración das tecnoloxías da información e as comunicacións nas pequenas empresas familiares, introdúcese para o ano 2001 un novo suposto nos incentivos á contratación en prácticas e indefinida vinculada a proxectos I+D dirixido a empresas de menos de 50 traballadores, para a incorporación de persoal especializado e cualificado nas ditas técnicas.

D) No anexo E regúlase o programa de incentivos á creación de emprego por reordenación do tempo de traballo, establecéndose axudas ás contratacións indefinidas que teñan causa en acordos ou pactos sobre reordenación ou reducción do tempo de traballo, que, pola súa vez, contribúan a aumenta-la productividade e competitividade das empresas galegas. O sistema de incentivos que se establecen neste programa constitúe un complemento dos previstos no programa xeral de fomento da contratación indefinida, ampliando o seu ámbito a tódolos desempregados e reforzando os incentivos cando se contraten desempregados menores de 30 anos e parados cun tempo en desemprego igual ou superior a seis meses, maiores de 45 anos e mulleres.

Neste marco de actuación as bases reguladoras dos programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001 axústanse ó disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, en especial, o relativo ós principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión das axudas públicas e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e o establecido na Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

De conformidade co previsto no citado texto refundido, o financiamento dos programas regulados nesta orde, entre outros, financiaranse con cargo ós créditos que figuran nas aplicacións orzamentarias 14.04.241A.471.0, cun crédito de 2.219.878.000 pesetas (13.341.735,48 euros), 14.04.241A.473.0, cun crédito de 2.303.535.000 pesetas (13.884.524,18 euros)

e 14.04.241B.475.0, cun crédito de 4.569.520.000 pesetas (27.463.368,31 euros), que constitúe o im-

porte global das ditas aplicacións para o financiamento desta orde e das demais ordes do programa 241A e 241B.

Os ditos créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, todo iso no marco dos acordos para o crecemento e o emprego en Galicia 1998-2001.

Por todo o exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Ámbito e réxime das axudas

Artigo 1º.-Finalidade.

1. A presente orde ten por obxecto fixa-las bases reguladoras e a convocatoria dos incentivos para o fomento da contratación e da estabilidade no emprego establecidos pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa finalidade de fomenta-la creación de postos de traballo, favorece-lo emprego estable e facilita-la inserción dos colectivos de desempregados con maiores dificultades de acceso ó mercado laboral, a través dos seguintes programas:

I. Programa de axudas á contratación indefinida de persoas con discapacidade (anexo A)

II. Programa de fomento da contratación indefinida (anexo B):

-Axudas á contratación indefinida inicial de colectivos de desempregados con maiores dificultades de inserción laboral:

* Menores de 30 anos, cun tempo de permanencia en desemprego igual ou superior a seis meses.

* Maiores de 45 anos e os parados cun tempo en desemprego igual ou superior a seis meses.

* Mulleres.

-Axudas á transformación en indefinidos de contratos de aprendizaxe, para a formación, de relevo, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade.

-Axuda excepcional á creación do primeiro emprego.

III. Programa de axudas á contratación de traballadores desempregados en risco de exclusión social (anexo C).

IV. Programas de fomento dos contratos en prácticas de mozos titulados e para a innovación tecnolóxica (anexo D):

-Programa de fomento dos contratos en prácticas.

-Programa de apoio á contratación en prácticas relacionada con proxectos I+D.

-Programa de axudas á transformación dos contratos en prácticas en indefinidos e a contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D

V. Programa de incentivos á creación de emprego por reordenación do tempo de traballo (anexo E).

2. As bases específicas de cada un dos programas regúlanse nos correspondentes anexos A, B, C, D e E da presente orde e forman parte integrante dela.

3. Os beneficios establecidos nesta orde, nos termos previstos para cada un dos programas e tipos de axuda, serán aplicables ás contratacións e transformacións realizadas no ano 2001.

4. O pagamento das axudas establecidas nesta orde queda condicionado á aprobación do proxecto, remitido para este efecto á Comisión Europea.

5. Para efectos das axudas contempladas nesta orde, terán a consideración de desempregados aqueles que estean inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego no momento da contratación e que, pola súa vez, carezan de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

6. As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas e subvencións axustaranse ó disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 287/2000 do 21 de novembro, no Decreto 377/1998, do 23 de decembro, e nesta orde.

7. Estes programas financiaranse con cargo ós créditos das aplicacións orzamentarias 14.04.241B.475.0, 14.04.241A.473.0 e 14.04.241A.471.0.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios dos incentivos para o fomento da contratación e da estabilidade no emprego as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que contraten traballadores para prestaren servicios en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde para cada un dos programas e tipos de axuda.

Capítulo II

Normas comúns: competencia e procedemento

Artigo 3º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolve-las solicitudes de axudas e subvencións presentadas ó abeiro

desta orde, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, corresponderá:

1. Ós delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude cando a contratación se realice para prestar servicios en centros de traballo radicados na respectiva provincia, agás nos supostos previstos no punto seguinte.

2. Ó director xeral de Fomento do Emprego nos seguintes supostos:

a) Solicitudes presentadas ó abeiro do programa de fomento da contratación indefinida (anexo B) con orixe en pactos ou plans empresariais de expansión ou crecemento de emprego que recollan a contratación indefinida de 30 ou máis traballadores no ámbito territorial de Galicia.

b) Solicitudes de axuda á contratación indefinida ou en prácticas con orixe en plans empresariais de desenvolvemento e investigación tecnolóxica que recollan a contratación de 10 ou máis traballadores no ámbito territorial de Galicia ou cando se trate da incorporación a proxectos empresariais de investigación e innovación acollidos ó Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (anexo D).

c) Solicitudes de axuda á contratación con causa en convenios de colaboración con institucións ou entidades sen fin de lucro que interveñan no desenvolvemento dos programas de fomento dos contratos en prácticas de mozos titulados e para innovación tecnolóxica (anexo D) ou do programa de axudas á contratación de traballadores desempregados en risco de exclusión social (anexo C).

d) Incentivos á contratación indefinida por reordenación do tempo de traballo (anexo E).

Artigo 4º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións recollidas no distintos programas dirixiranse ó órgano competente para resolver e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será de dous meses contados desde a data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato en indefinido.

As solicitudes de axudas polas contratacións ou transformacións realizadas no ano 2001 antes da entrada en vigor desta orde poderán presentarse ata o 30 de xuño do ano 2001.

3. As solicitudes de axuda para a adaptación de postos de traballo prevista no programa de axudas á contratación indefinida de persoas con discapacidade (anexo A) non están suxeitas ós prazos sinalados no número anterior, sendo de aplicación o prazo xeral establecido no parágrafo seguinte.

4. Con independencia dos prazos establecidos no número 2, que terán que respectarse en todo caso, o prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2001, aínda que nesta data non transcorreran dous meses desde a celebración do contrato obxecto de subvención.

Artigo 5º.-Corrección da solicitude.

1. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se xunta a documentación esixida, as unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente requirirán o interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa petición de conformidade co preceptuado no artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dictándose resolución para o efecto.

2. No programa de axudas á contratación indefinida de persoas con discapacidade, unha vez completos os expedientes, a delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude solicitará os seguintes informes:

-Dos equipos multiprofesionais, sobre a adecuación do posto de traballo á minusvalidez dos traballadores contratados.

-Da inspección de traballo, sobre a necesidade de adaptación ou de medios especiais de protección persoal, para o suposto de solicitude de subvención de adaptación de postos de traballo.

-Cando se trate de empresas de nova creación, analizarase a viabilidade técnica e económica do proxecto, podendo pedir para estes efectos á Inspección de Traballo e Seguridade Social cantos documentos e informes se consideren oportunos.

Artigo 6º.-Criterios de valoración.

Para valora-las solicitudes terase en conta, con carácter de prioritario, o seguinte: o tamaño das empresas, a súa localización en zonas especialmente desfavorecidas, así como os colectivos de mulleres, mozos, maiores de 45 anos e parados de moi longa duración, cando non se considere a súa prioridade de forma específica.

Artigo 7º.-Resolución e recursos.

1. Logo da fiscalización polas correspondentes intervencións, as resolucións serán dictadas polo órgano correspondente e deberán serlles notificadas ós interesados. As resolucións, de concesións ou denegatorias, deberán ser sempre motivadas.

2. O prazo para resolver será de seis meses que se computarán a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria. Transcorrido o dito prazo sen que se dictasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido no artigo 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

3. As resolucións que se dicten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe

interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdicción contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que dictou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 8º.-Incompatibilidades e concorrencia.

1. Os incentivos establecidos para cada colectivo ou modalidade de contratación nos distintos programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego regulados nesta orde son incompatibles entre si. Para o caso de que unha mesma contratación puidese dar lugar á súa inclusión en máis dun dos supostos para os que está prevista subvención, correspóndelle a opción ó solicitante.

2. As empresas que soliciten incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade, durante o período de execución do plan, non poderán beneficiarse das axudas ou subvencións previstas nesta orde para a contratación indefinida, agás as previstas no programa de axudas á contratación indefinida de persoas con discapacidade e no programa de axudas á contratación de traballadores desempregados en risco de exclusión social. Para o caso de que as ditas contratacións puidesen dar lugar á súa inclusión en máis dun dos programas de fomento da contratación, correspóndelle a opción ó solicitante.

3. As subvencións previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorga-las administracións públicas como medida de fomento de emprego. As ditas axudas son compatibles, se é o caso, con incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.

4. Os beneficios establecidos á contratación indefinida, nos anexos A, B, C, D e E desta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, supera-lo 60% do custo salarial anual correspondente ó contrato que se subvenciona.

Artigo 9º.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas dos beneficiarios das axudas e subvencións:

a) Ter acreditado, previamente ó cobramento, que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Mante-lo cadro de persoal e os postos de traballo obxecto de subvención durante o período e nos termos establecidos para os distintos programas nos anexos desta orde.

c) Comunicarlle ó órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios e, de se-lo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente público nacional ou internacional.

d) O sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 10º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e eventualmente á súa revogación.

Artigo 11º.-Revogación.

Procederá a revogación das subvencións e axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 12º.-Seguimento e control.

As delegacións provinciais e a Dirección Xeral de Fomento do Emprego poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos os beneficiarios deberán cumpri-las obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Disposicións adicionais

Primeira.-Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

Para realiza-las ditas funcións poderanse utilizar cantos medios estean ó dispor da Consellería de

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para comproba-lo cumprimento dos requisitos esixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Segunda.-A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións esixidas nos diferentes programas desta orde.

Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude nos delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, e no director xeral de Fomento do Emprego, para resolve-la concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autoriza-los gastos e ordena-los correspondentes pagamentos.

Cuarta.-A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude poderá asinar convenios de colaboración con organismos ou entidades sen fin de lucro para o desenvolvemento dos programas de incentivación dos contratos en prácticas de mozos titulados e para a innovación tecnolóxica ou do programa de axudas á contratación de traballadores desempregados en risco de exclusión social. Nestes supostos a entidade colaboradora, se é o caso, intervirá na dinamización de actuacións que faciliten a inserción laboral dos ditos colectivos e na preparación e presentación das correspondentes solicitudes de axudas que poderán presentarse de forma conxunta e nos prazos que se establezan no correspondente instrumento de colaboración.

Quinta.-A comprobación da condición de minusválido será realizada directamente polo órgano xestor das axudas, agás que fose recoñecida por outra administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexta.-As solicitudes de axudas realizadas ó abeiro das ordes de convocatoria de incentivos polas contratacións realizadas no ano 2000 que non puideron ser atendidas por falta de dispoñibilidades orzamentarias, poderán ser atendidas con cargo ás fontes de financiamento dos programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001 e en función da normativa que lles era de aplicación no momento da presentación da solicitude.

Sétima.-A concesión das axudas e subvencións previstas na presente orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario, tendo como límite global o crédito asignado nas aplicacións 14.04.241B.475.0, 14.04.241A.473.0 e 14.04.241A.471.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 fixado na exposición de motivos da presente disposición.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Fomento do Emprego para que dicte, no ámbito das súas com-

petencias, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO A

PROGRAMA DE AXUDAS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS

CON DISCAPACIDADE

Primeira.-Obxecto e beneficiarios.

1. Este programa ten por obxecto favorece-la integración laboral das persoas con discapacidade ó sistema ordinario de traballo, mediante a concesión de axudas ás empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e contraten con carácter indefinido persoas con discapacidade nos termos previstos nesta orde para prestaren servicios nos centros de traballo situados en Galicia.

2. Para que poidan ser obxecto de subvención os contratos que se realicen deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Segunda.-Axudas.

1. As empresas que contraten con carácter indefinido traballadores con discapacidade desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego no momento da contratación, poderán obte-las seguintes axudas:

a) Unha subvención de ata 650.000 pesetas (3.906,58 euros) por cada traballador con discapacidade contratado por tempo indefinido a xornada completa. Así como á bonificación prevista no artigo 7.1º a) do Real decreto 1451/1983, do 11 de maio, das cotas empresariais á Seguridade Social, incluídas as de accidentes de traballo e enfermidade profesional e as de recadación conxunta, do 70% por cada traballador con discapacidade contratado menor de 45 anos e do 90% se é maior de 45 anos.

b) Un incentivo adicional ó previsto na alínea a) deste artigo de ata 100.000 pesetas (601,01 euros), no caso da contratación indefinida de persoas cun grao de discapacidade superior ó 49%.

c) Cando se trate da contratación indefinida dunha muller con discapacidade, establécese un incentivo adicional ós anteriores de ata 100.000 pesetas (601,01 euros) calquera que sexa o seu grao de minusvalidez.

d) Cando o contrato por tempo indefinido se realice a tempo parcial, manteranse as bonificacións nas cotas descritas no punto a) anterior, ben que as subvencións e incentivos adicionais, se é o caso, se reducirán proporcionalmente á xornada pactada.

e) Unha subvención, compatible coas anteriores, que poderá alcanza-las 150.000 pesetas (901,52

euros), para a adaptación dos postos de traballo ou para a dotación de medidas de protección persoal necesarias para evitar accidentes laborais ó traballador con discapacidade contratado. A necesidade de adaptación ou de medios especiais de protección persoal deberá contar co informe favorable da inspección de traballo.

Esta axuda, se non é solicitada pola empresa, poderá ser solicitada polo propio traballador.

2. A transformación en indefinidos de contratos de aprendizaxe, para a formación ou en prácticas, así como dos contratos temporais de fomento do emprego para persoas con discapacidade prevista no artigo 44.3º da Lei 42/1994, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, serán obxecto das subvencións establecidas no punto anterior. Tamén nestes supostos se aplicarán, se é o caso, os incentivos adicionais previstos nas alíneas b) e c) do número 1 deste artigo.

Solicitudes, documentación e xustificación

Terceira.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos ó presente programa e deberán ir acompañadas, por duplicado exemplar, un deles orixinal ou fotocopia debidamente compulsada, da seguinte documentación:

1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF e, se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.

2. Relación nominal dos traballadores polos que se solicita subvención, con indicación do suposto e tipo de incentivo que solicita e con expresión do tipo e grao de minusvalidez.

3. DNI do traballador.

4. No caso de contratación inicial, documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social. E, o contrato de traballo e a alta na Seguridade Social ou, no seu defecto, compromiso de contratación con traballador determinado.

5. No caso de transformación, o contrato temporal do que trae causa e as súas posibles prórrogas, así como a comunicación da conversión do contrato temporal en indefinido á oficina pública de emprego e a comunicación da variación de datos á Seguridade Social ou, no seu defecto, compromiso de conversión do contrato temporal en indefinido referido a traballador determinado.

6. Descrición detallada do posto de traballo que se vai cubrir e as súas características técnicas.

7. Cando se trata de empresas de nova creación deberá xuntarse proxecto e memoria da empresa que se vai crear, nos que se farán constar expresamente as características do proceso productivo e o cadro de persoal da empresa que será cuberto con traballadores con discapacidade.

8. Se é o caso, memoria descritiva da necesidade de adaptación ou dotación de medios de protección persoal con indicación do seu custo.

9. Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade polas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

10. Ficha de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta.

Cuarta.-Xustificación do pagamento.

1. Unha vez concedidas as axudas ou subvencións, o seu pagamento quedará condicionado á presentación, no prazo, nos termos e na forma que se establezan na resolución de concesión, da documentación que se esixa de forma expresa nela, entre a que deberá figura-la seguinte:

a) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Cando se trate de empresas de nova creación, alta no imposto de actividades económicas.

c) Documento de alta na Seguridade Social e contrato de traballo debidamente formalizado, de non terse achegado con anterioridade e, de se-lo caso, documentos acreditativos da transformación do contrato en indefinido.

d) A xustificación para a percepción da subvención para a adaptación do posto de traballo requirirá, ademais, a presentación das correspondentes facturas que acrediten a referida adaptación ou dotación.

e) Declaración complementaria da establecida na base terceira número 9 deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

2. Malia o sinalado no parágrafo anterior, a documentación esixida na fase de pagamento poderase presentar xunto coa solicitude, á opción do interesado.

3. Estas axudas faranse efectivas en forma de pagamento único. Non obstante o anterior, de confor

midade co disposto no artigo 9 do Real decreto 1451/1983, do 11 de maio, para facer efectivas as bonificacións da Seguridade Social as empresas dilixenciarán os seus documentos de cotización na forma establecida con carácter xeral e con suxeición ás normas que o regulan.

Quinta.-Seguimento e obrigas dos beneficiarios.

1. As empresas beneficiarias deberán manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ó abeiro da presente norma, por un período mínimo de tres anos, non podendo despedir estes traballadores sen causa xustificada e, no caso de despedimento procedente, deberán substituílos por outros traballadores minusválidos, beneficiándose neste caso soamente da bonificación da cota da Seguridade Social correspondente ós traballadores substitutos.

2. As empresas deberán remitir anualmente, dentro do primeiro trimestre, á delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude unha relación dos traballadores polos que se lles concederon axudas para efectos de acreditaren a súa permanencia na empresa e, no caso de despedimento procedente, dos traballadores que os substituíron; esta obriga esténdese durante os tres anos seguintes á data de concesión da axuda.

ANEXO B

PROGRAMA DE FOMENTO DA CONTRATACIÓN INDEFINIDA

Obxecto e beneficiarios

Primeira.-Obxecto.

1. O programa de fomento da contratación indefinida ten por obxecto favorece-la creación de emprego estable e o acceso ó mercado de traballo dos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, mediante a concesión de incentivos ás contratacións indefinidas realizadas a xornada completa ou a tempo parcial, incluídos os fixos-descontinuos, a través dos seguintes tipos de axuda:

-Axudas á contratación indefinida inicial de colectivos de desempregados con maiores dificultades de inserción laboral:

* Menores de 30 anos, cun tempo en desemprego igual ou superior a seis meses.

* Maiores de 45 anos e os parados cun tempo de desemprego igual ou superior a seis meses.

* Mulleres

-Axudas á transformación en indefinidos de contratos de aprendizaxe, para a formación, de relevo, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade.

-Axuda excepcional á creación do primeiro emprego

2. Os incentivos aplicables ás contratacións indefinidas a tempo parcial serán proporcionais ó tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo

completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

3. Os contratos indefinidos e as transformacións de contratos temporais en indefinidos, para que poidan ser obxecto de subvención, deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Segunda.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos neste anexo as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que contraten traballadores para prestaren servicios en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nas bases deste anexo.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás que a relación deveña de actuacións horizontais de apoio financeiro á promoción económica e fomento empresarial.

Axudas á contratación indefinida inicial

Terceira.-Axudas á contratación indefinida inicial de colectivos de desempregados con maiores dificultades de inserción laboral.

1. Poderán ser obxecto de subvención as contratacións indefinidas iniciais a xornada completa ou a tempo parcial, incluídos os fixos descontinuos, sempre que se realicen con traballadores desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Publico de Emprego no momento da contratación, pertencentes a algún dos seguintes colectivos: menores de 30 anos cun tempo en desemprego igual ou superior a seis meses, maiores de 45 anos e os parados cun tempo en desemprego igual ou superior a seis meses, así como as mulleres.

2. Para os efectos deste programa, terán a consideración de parados cun tempo de permanencia en desemprego igual ou superior a seis meses aqueles desempregados que leven en situación de desemprego, polo menos, seis meses. Considérase cumprido o requisito de permanencia en desemprego aínda no caso de que o traballador, nese período de seis meses, realizase unha actividade laboral por un período non superior a 30 días.

3. Para os efectos deste programa, terán a consideración de parados de moi longa duración, aqueles desempregados que leven inscritos como demandantes de emprego polo menos 24 meses. Non perderán a dita consideración aqueles que, nese período de tempo, realizasen unha actividade laboral por un período non superior a 120 días ou a 180 días no caso de que leven 36 meses ou máis en situación de desemprego.

4. Para os efectos deste programa, entenderase que buscan o seu primeiro emprego aqueles que non realizasen con anterioridade ningunha activi

dade laboral, por conta propia ou allea, durante un período superior a 180 días ininterrompidos ou a 360 con interrupción, excluídos os contratos para a formación, calquera que sexa a súa duración, que non se terán en conta para o cómputo da experiencia laboral acumulada.

Cuarta.-Axudas á contratación indefinida de menores de 30 anos.

1. As contratacións indefinidas iniciais, realizadas con menores de 30 anos cun tempo de permanencia en desemprego igual ou superior a seis meses, incentivaranse cunha axuda de ata 300.000 pesetas (1.803,04 euros) se se realizan a tempo completo ou a parte proporcional se se realizan a tempo parcial.

2. Este incentivo incrementarase ata unha contía de 500.000 pesetas (3.005,06 euros), se a contratación se realiza a xornada completa ou a parte proporcional se se realiza a tempo parcial, cando ademais concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Contratación de desempregados que realizasen cursos de formación profesional ocupacional do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional, directamente relacionados co posto de traballo para o que se contrata, correspondentes ás programacións de 1999, 2000 ou 2001.

b) Contratación de desempregados que participasen en programas experienciais, como alumnos en programas de escolas obradoiro ou casas de oficio ou en obradoiros de emprego en 1999, 2000 ou 2001, ou ben en obras ou servicios de interese xeral realizados en virtude doutros programas de fomento de emprego no ano 2000 ou 2001.

3. O incentivo incrementarase ata unha contía de 600.000 pesetas (3.606,07 euros) se as contratacións se efectúan a xornada completa ou a parte proporcional se se realizan a tempo parcial, cando, se trate da contratación de menores de 30 anos que busquen o seu primeiro emprego, cun tempo de permanencia en desemprego igual ou superior a seis meses.

Quinta.-Axudas á contratación indefinida de maiores de 45 anos e dos parados cun tempo de permanencia en desemprego igual ou superior a seis meses.

1. As contratacións indefinidas iniciais realizadas con desempregados cun tempo de permanencia en desemprego igual ou superior a seis meses incentivaranse cunha axuda de ata 300.000 pesetas (1.803,04 euros) se as contratacións se realizan a tempo completo ou a parte proporcional se se realizan a tempo parcial.

2. As contratacións indefinidas iniciais realizadas con desempregados maiores de 45 anos incentivaranse cunha axuda de ata 400.000 pesetas (2.404,05 euros), se as contratacións se realizan a xornada completa ou a parte proporcional se se realizan a tempo parcial.

3. As axudas previstas nos puntos anteriores incrementaranse nunha contía de ata 500.000 pesetas (3.005,06 euros), se as contratacións se realizan a xornada completa ou a parte proporcional se se realizan a tempo parcial, cando, ademais dos requisitos esixidos en cada caso, concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Contratación de desempregados que realizasen cursos de formación profesional ocupacional do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional, directamente relacionados co posto de traballo para o que se contrata, correspondentes ás programacións de 1999, 2000 ou 2001.

b) Contratación de desempregados que participasen en programas experienciais, como alumnos en programas de escolas obradoiro ou casas de oficio ou en obradoiros de emprego en 1999, 2000 ou 2001, ou ben en obras ou servicios de interese xeral realizados en virtude doutros programas de fomento de emprego no ano 2000 ou 2001.

c) Contratación de desempregados que sexan perceptores da axuda específica denominada renda activa de inserción.

4. Cando as contratacións se realicen con desempregados parados de moi longa duración, o incentivo incrementarase ata 700.000 pesetas (4.207,08 euros) se as contratacións se realizan a xornada completa, ou a parte proporcional se se realizan a tempo parcial.

Sexta.-Axudas á contratación indefinida de mulleres desempregadas.

1. As contratacións indefinidas iniciais realizadas con mulleres desempregadas, entre 16 e 45 anos, incentivaranse cunha axuda de ata 400.000 pesetas (2.404,05 euros), se se realizan a tempo completo ou a parte proporcional se as contratacións se realizan a tempo parcial.

2. As contratacións indefinidas iniciais que se efectúen con mulleres desempregadas maiores de 45 anos subvencionarase cunha axuda de ata 500.000 pesetas (3.005,06 euros) se as contratacións se realizan a xornada completa ou a parte proporcional se se realizan a tempo parcial.

3. As contratacións ás que se refiren os puntos 1 e 2 desta base, incrementaranse cunha axuda de ata 600.000 pesetas (3.606,07 euros) se as contratacións se realizan a tempo completo ou a parte proporcional se se realizan a tempo parcial, cando ademais dos requisitos esixidos en cada caso concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Contratación de desempregadas que realizasen cursos de formación profesional ocupacional do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional, directamente relacionados co posto de traballo para o que se contrata, correspondentes ás programacións do ano 1999, 2000 ou 2001.

b) Contratación de desempregadas que participasen en programas experienciais, como alumnas en programas de escolas obradoiro ou casas de oficio ou en obradoiros de emprego en 1999, 2000 ou 2001, ou ben en obras ou servicios de interese xeral realizados en virtude doutros programas de fomento de emprego no ano 2000 ou 2001.

c) Contratación de desempregadas que sexan perceptoras da axuda específica denominada renda activa de inserción.

4. A contratación indefinida de mulleres cun tempo de permanencia en desemprego igual ou superior a seis meses, calquera que sexa a súa idade, que busquen o seu primeiro emprego incentivarase cunha axuda de ata 700.000 pesetas (4.207,08 euros) se se efectúan a xornada completa ou a parte proporcional se se realizan a tempo parcial.

5. A contratación indefinida de mulleres desempregadas incentivaranse cunha axuda de ata 800.000 pesetas (4.808,10 euros) se se efectúan a xornada completa ou a parte proporcional se se realizan a tempo parcial, cando no momento da contratación concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Mulleres que se reincorporen á actividade laboral tras unha ausencia prolongada dun mínimo de tres anos.

b) Paradas de moi longa duración.

c) Mulleres desempregadas, cando se contraten para prestaren servicios en profesións ou ocupacións con menor índice de emprego feminino, de acordo co disposto na orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, do 16 de setembro de 1998.

Sétima.-Axuda excepcional á creación do primeiro emprego.

1. As empresas que contraten con carácter indefinido ó seu primeiro empregado poderán beneficiarse da subvención que se establece no punto 3 desta base, sempre que o contratado sexa desempregado inscrito como demandante de emprego no Servicio Público de Emprego, e sempre que os ditos empresarios iniciaran a actividade cunha antelación mínima dun ano ó comezo da prestación de servicios polo traballador.

2. Para estes efectos, entenderase que se trata do primeiro empregado cando na empresa, nos 24 meses anteriores á contratación indefinida, non prestasen servicios traballadores por conta allea, agás con contratos de duración determinada ou temporal que, no seu conxunto, non superen os 180 días.

3. A axuda, pagadoira dunha soa vez, consistirá nunha subvención por unha contía equivalente ó importe do 30% da base mínima do grupo de cotización, ó que pertenza o traballador contratado, establecida para o ano 2001, calculada sobre tres anualidades, ata un máximo de 1.000.000 de pesetas (6.010,12 euros) se o contrato se realiza a xornada completa ou a parte proporcional se se realiza a tempo parcial.

Cando a dita contratación se realice con mulleres, a dita porcentaxe elevarase ó 32% e o límite incrementarase ata 1.100.000 pesetas (6.611,13 euros).

Axudas á transformación en indefinidos de contratos de aprendizaxe, para a formación, de relevo, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade

Oitava.-Axudas á transformación en indefinidos de contratos de aprendizaxe, formación, relevo, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade.

1. As transformacións en indefinidos de contratos de aprendizaxe, para a formación, de relevo, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade, calquera que sexa a data da súa celebración, poderán ser obxecto dos incentivos previstos nesta base.

2. Os incentivos serán de aplicación ás transformacións de contratos de aprendizaxe, para a formación, de relevo, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade en indefinidos a tempo completo ou cando sexan a tempo parcial en indefinidos a tempo parcial. Nestes supostos a xornada do novo contrato indefinido será como mínimo igual á do contrato temporal que se transforma.

3. Para os efectos das axudas previstas nesta base, entenderase que se produce a transformación en todos aqueles casos nos que ámbalas dúas modalidades contractuais se sucedan sen ruptura da relación laboral coa empresa, incluídos aqueles supostos nos que o inicio da relación laboral indefinida ten lugar o día seguinte ó do termo de vixencia do contrato temporal, incorporándose á empresa con carácter estable sen ruptura de continuidade na relación laboral.

4. A transformación dos contratos de interinidade en contratos indefinidos, sempre que se manteña o posto do traballador substituído, incentivarase cunha axuda de ata 300.000 pesetas (1.803,04 euros) se o novo contrato indefinido se realiza a tempo completo ou a parte proporcional se se realiza a tempo parcial.

Cando as ditas transformacións afecten a mulleres o incentivo incrementarase nunha contía de ata 100.000 pesetas (601,01 euros).

Para o caso de que o contrato de interinidade estivese subvencionado ó abeiro do programa de apoio á substitución de persoas traballadoras por causa de maternidade-paternidade ou en excedencia por coidado de familiares convocado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e se transforme en indefinido con anterioridade á súa duración subvencionada, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ó período non esgotado reducindo na mesma contía o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.

5. Cando se trate da transformación en indefinidos de contratos de relevo ou de substitución por anticipación da idade da xubilación, o incentivo será de ata 400.000 pesetas (2.404,05 euros) se o novo contrato indefinido se realiza a tempo completo ou a parte proporcional se se realiza a tempo parcial.

Cando as ditas transformacións afecten a mulleres o incentivo incrementarase nunha contía de ata 100.000 pesetas (601,01 euros).

6. A transformación en indefinidos dos contratos de aprendizaxe e para a formación incentivarase cunha axuda de ata 500.000 pesetas (3.005,06 euros) se o novo contrato indefinido se realiza a tempo completo ou a parte proporcional se se realiza a tempo parcial.

Cando as ditas transformacións afecten a mulleres o incentivo incrementarase nunha contía de ata 100.000 pesetas (601,01 euros).

Exclusións e requisitos

Novena.-Requisitos.

Como consecuencia da contratación ou transformación que se fomenta ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos doce meses anteriores á data de inicio da prestación laboral ou, se é o caso, na referencia que se estableza en plans de emprego pactados coa representación legal dos traballadores no ámbito da empresa.

Para os efectos do cómputo do incremento do cadro de persoal non se terán en conta as baixas dos traballadores que se producisen por propia vontade do traballador ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta, ou grande invalidez legalmente recoñecidas.

Décima.-Exclusións.

Exclúense dos beneficios do programa regulado neste anexo:

a) As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores para prestaren servicios noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

b) Os contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, do empresario ou dos que teñen cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos.

c) As contratacións realizadas con traballadores que, nos 24 meses anteriores á data de contratación, prestaran servicios na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato por tempo indefinido.

O disposto no parágrafo precedente será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador con empresas ás que a solicitante dos beneficios sucedera en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

d) Traballadores que finalizasen a súa relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención.

e) Contratacións realizadas con traballadores que nos tres meses anteriores á data de contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención, prestaran servicios na mesma empresa en virtude dun contrato temporal de duración igual ou superior a 6 meses consecutivos ou a 180 días con interrupción nun período de 12 meses, agás que se trate de contratos formativos ou de interinidade que non quedan incluídos nesta limitación.

Solicitudes, documentación e xustificación

Décimo primera.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos ó presente anexo e deberán ir acompañadas por duplicado exemplar, un deles orixinal ou copia compulsada, da seguinte documentación:

1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e, se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.

2. No caso de axuda excepcional á creación do primeiro emprego, alta no imposto de actividades económicas e documentación que acredite que se trata da creación do primeiro emprego (vida laboral da empresa segundo os datos que consten na Tesourería Xeral da Seguridade Social).

3. Declaración da empresa na que se faga consta-lo número e provincia de localización dos centros de traballo da empresa en Galicia, así como a previsión do número de contratacións indefinidas que se realizarán no ano 2001.

4. Relación nominal dos traballadores polos que se solicita subvención, con indicación do suposto e tipo de incentivo que se solicita.

5. DNI do traballador.

6. No caso de contratación inicial, documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social. E o contrato de traballo e a alta na Seguridade Social ou, no seu defecto, compromiso de contratación con traballador determinado.

7. No caso de transformación, o contrato temporal do que trae causa e as súas posibles prórrogas, así como a comunicación da conversión do contrato tem

poral en indefinido á oficina de emprego e a comunicación da variación de datos á Seguridade Social ou, no seu defecto, compromiso de conversión do contrato temporal en indefinido referido a traballador determinado.

E no caso de contrato de interinidade, documento acreditativo do mantemento do posto do traballador substituído.

8. Se é o caso, documentos acreditativos da concorrencia das circunstancias indicadas na base cuarta número 2 a), e b), na base quinta número 3 a), b), e c), e na base sexta número 3 a), b), e c).

9. Declaración na que se faga consta-lo cadro de persoal fixo da empresa en cada un dos doce meses anteriores ó inicio da relación laboral do traballador contratado ou da transformación, con indicación, de se-lo caso, das baixas producidas polas causas sinaladas na base novena deste anexo. Para o caso de que aínda non se realizase ou transformase o contrato no momento da presentación da solicitude, a declaración referirase ós doce meses anteriores a esta, sen prexuízo de que con anterioridade ó pagamento da subvención, se acredite o incremento do cadro de persoal en relación coa data da contratación indefinida.

Se é o caso, documentos acreditativos das baixas producidas polas causas previstas na base novena deste anexo.

No suposto de plans de emprego pactados coa representación legal dos traballadores nos que se establezan referencias para o incremento do cadro de persoal no 2001, achegarase copia do pacto xunto coa solicitude, e con anterioridade ó pagamento da axuda a documentación acreditativa do dito incremento.

10. Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

11. Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade bancaria acreditativa de que o solicitante é titular da conta.

Décimo segunda.-Xustificación do pagamento.

1. Unha vez concedidas as axudas ou subvencións, o seu pagamento quedará condicionado á presentación, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación que se esixa de forma expresa nela, entre a que deberá figura-la seguinte:

a) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Cando se trate de empresas de nova creación, alta no imposto de actividades económicas.

c) Documento de alta na Seguridade Social e contratos de traballo debidamente formalizados, de non telos achegado con anterioridade ou, de se-lo caso, comunicación da conversión do contrato temporal en indefinido á oficina pública de emprego e comunicación da variación de datos á Seguridade Social.

d) Os documentos TC2 correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución, agás que xunto coa solicitude se achegaran tódolos boletíns correspondentes ó período de cómputo para o cálculo do incremento do cadro de persoal, ou, se é o caso, certificacións da Tesourería Xeral da Seguridade Social na que conste o número de traballadores con contrato indefinido e dos traballadores con contrato de interinidade, en cada unha das ditas mensualidades no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.

e) Declaración complementaria da establecida na base undécima número 9 deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

2. Malia o sinalado no punto anterior, a documentación esixida na fase de pagamento poderase presentar xunto coa solicitude, segundo a opción do interesado.

Seguimento e obrigas dos beneficiarios

Décimo terceira.-Seguimento e obrigas dos beneficiarios.

1. Os beneficiarios estarán obrigados a mante-lo número de traballadores fixos do seu cadro de persoal, en cómputo anual, durante polo menos 3 anos que se contarán desde a data de realización do contrato.

2. As empresas beneficiarias deberán manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ó abeiro do programa de fomento da contratación indefinida durante un período mínimo de 3 anos.

No suposto de extinción da relación laboral do traballador polo que se concedese a subvención, a cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reuni-los requisitos do traballador substituído, terá que realizarse dentro do mes seguinte ó da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria ó órgano competente que concedese a axuda, dentro dos 20 días seguintes á substitución. Esta nova contratación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda.

Esta obriga manterase durante tres anos desde a data de realización do contrato indefinido obxecto de subvención.

3. As empresas beneficiarias, co fin de garanti-lo mantemento dos postos de traballo estables creados que fosen obxecto de subvención, deberán presentar, dentro do primeiro trimestre de cada ano, unha declaración da media de traballadores fixos en cómputo anual e TC2 do mes de decembro do ano anterior.

A dita obriga manterase durante os tres anos seguintes a aquel no que se concedeu a axuda ou subvención.

ANEXO C

PROGRAMA DE AXUDAS Á CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES DESEMPREGADOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

Primeira.-Obxecto.

O obxecto deste programa é fomenta-la contratación, indefinida ou temporal, de traballadores pertencentes a colectivos de difícil reinserción no mercado de traballo, en perigo ou risco de exclusión social.

Segunda.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos neste anexo as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que contraten traballadores pertencentes a colectivos en risco de exclusión social para prestaren servicios en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nas bases deste anexo.

Terceira.-Colectivos.

Para os efectos deste programa, entenderase por colectivos en risco de exclusión social os seguintes:

-Os perceptores da renda de integración social de Galicia, ou membros da súa unidade familiar en desemprego.

-Persoas que participen ou participasen en procesos de rehabilitación de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados.

-Penados ou ex-reclusos.

-Mulleres procedentes de casas de acollida.

-Mozos que estean ou estiveran, ata a súa maioría de idade, baixo tutela ou garda da Administración autonómica.

-Inmigrantes e persoas que formen parte de familias, grupos, colectivos ou minorías dos que as características poidan condiciona-las súas posibilidades de integración social.

Cuarta.-Axudas.

1. Ás empresas que contraten traballadores desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego no momento da contratación, pertencentes a colectivos en risco de ex-

clusión social, poderánselles concede-las seguintes axudas:

a) Ata 750.000 pesetas (4507,59 euros) se o contrato é indefinido e se realiza a xornada completa

ou a parte proporcional ó tempo efectivo de traballo se é a tempo parcial.

b) Ata 350.000 pesetas (2103,54 euros) se o contrato é temporal, sempre que teña unha duración mínima de 6 meses e se realice a tempo completo, ou a parte proporcional se se efectúa a tempo parcial.

2. Os contratos de traballo obxecto de subvención deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida, así como observa-los requisitos e prescricións establecidas na normativa de aplicación.

Quinta.-Exclusións.

Exclúense dos beneficios no programa regulado neste anexo:

a) As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores para prestaren servicios noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

b) Os contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, do empresario ou dos que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos.

Solicitudes, documentación e xustificación

Sexta.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos ó presente anexo e deberán ir acompañadas por duplicado exemplar, un deles orixinal ou copia compulsada, da seguinte documentación:

1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e, se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.

2. Cando se solicite axuda pola contratación de máis dun traballador, relación nominal dos traballadores polos que se solicita subvención, con indicación do suposto e tipo de axuda que se solicita.

3. DNI do traballador.

4. Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe de vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social.

5. Contrato de traballo e alta na Seguridade Social ou, no seu defecto, compromiso de contratación con traballador determinado.

6. Documento, de se-lo caso, de ser perceptor da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) ou, noutros supostos, documentos acreditativos das circunstancias alegadas.

7. Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas, ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

8. Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade bancaria acreditativa de que o solicitante é titular da conta.

Sétima.-Xustificación do pagamento.

1. Unha vez concedidas as axudas ou subvencións, o seu pagamento quedará condicionado á presentación, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación que se esixa de forma expresa nela, entre a que deberá figura-la seguinte:

a) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Cando se trate de empresas de nova creación, alta no imposto de actividades económicas.

c) Documentos de alta na Seguridade Social e contratos de traballo debidamente formalizados, de non os ter achegado con anterioridade.

d) Declaración complementaria da establecida na base sexta número 7 deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

2. Malia o sinalado no punto anterior, a documentación esixida na fase de pagamento poderase presentar xunto coa solicitude segundo a opción do interesado.

Seguimento e obrigas dos beneficiarios

Oitava.-Seguimento e obrigas.

1. As empresas beneficiarias deberán manter no seu cadro de persoal os traballadores contratados ó abeiro deste programa, por un período mínimo de 3 anos, cando se trate de contratacións indefinidas, ou polo período mínimo de 6 meses, de tratarse de contratación temporal.

No suposto de extinción da relación laboral do traballador polo que se concedese a subvención, a cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reuni-los requisitos do traballador substituído, terá que realizarse dentro do mes seguinte ó da baixa,

feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria ó órgano competente que concedese a axuda, dentro dos 20 días seguintes á substitución. Esta nova contratación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda.

Esta obriga manterase durante tres anos desde a data de realización do contrato indefinido obxecto de subvención e, se é temporal, durante a duración inicial do contrato.

2. As empresas beneficiarias deberán remitir anualmente, dentro do primeiro trimestre de cada ano natural, á delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude unha relación dos traballadores polos que se lles concedeu axudas ou dos que os substituíron para efectos de acredita-la súa permanencia na empresa. Esta obriga esténdese durante os tres anos seguintes á data de concesión da axuda, se se trata de contratación indefinida, e ata o ano seguinte da concesión da axuda, se se trata de contratación temporal.

ANEXO D

PROGRAMAS DE FOMENTO DOS CONTRATOS EN PRÁCTICAS DE MOZOS TITULADOS E PARA A INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

Primeira.-Programas.

Neste anexo establécense as bases específicas dos incentivos á contratación en prácticas, á transformación dos ditos contratos en indefinidos, así como á contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D, establecidos pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude coa finalidade de favorece-la inserción laboral dos mozos titulados, a través dos seguintes programas:

a) Programa de fomento dos contratos en prácticas.

b) Programa de apoio á contratación en prácticas relacionada con proxectos I+D.

c) Programa de axudas á transformación dos contratos en prácticas en indefinidos e á contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D.

Segunda.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos neste anexo as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que contraten traballadores para prestaren servicios en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nas bases deste anexo.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as administracións públicas as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás que a relación derive de actuacións horizontais de apoio financeiro á promoción económica e fomento empresarial.

Programa de fomento dos contratos

en prácticas

Terceira.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto impulsa-la realización de contratos en prácticas, regulados no artigo 11 do Estatuto dos traballadores, para favorece-la inserción laboral e a formación teórico-práctica dos mozos que estiveran en posesión de título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior, ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes que habiliten para o exercicio profesional.

Cuarta.-Requisitos.

1. Os contratos en prácticas deberán cumpri-las esixencias e formalidades establecidas no artigo 11 do Estatuto dos traballadores e nas normas regulamentarias de desenvolvemento.

2. Estes contratos deberán realizarse con traballadores desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego no momento da contratación, que non tiveran relación laboral coa empresa a través dun contrato da mesma modalidade.

3. Para que os ditos contratos poidan ser obxecto de subvención deberán concertarse a xornada completa e por unha duración inicial non inferior a doce meses, e non poderán supoñe-la sucesión de traballadores en prácticas para ocupa-lo mesmo posto de traballo.

4. Os contratos deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Quinta.-Axudas.

Os contratos en prácticas que se realicen con mozos e mozas titulados segundo o establecido no artigo 11 do Estatuto dos traballadores que reúnan os requisitos e condicións sinalados na base anterior, incentivaranse nunha contía de ata 500.000 pesetas (3.005,06 euros), incrementándose a unha contía de ata 600.000 pesetas (3.606,07 euros) cando se realicen con mulleres tituladas.

Programa de apoio á contratación en prácticas

relacionada con proxectos I+D

Sexta.-Obxecto

Este programa ten por obxecto facilita-la aproximación dos mozos titulados ás empresas potenciando a presencia de persoal cualificado para o desenvolvemento tecnolóxico e técnico das empresas galegas, dinamizando o intercambio de capacidades tecnolóxicas no mercado laboral.

Poderán solicita-las axudas previstas neste programa as empresas, ás que se refire a base segunda deste anexo, que contraten en prácticas mozos titulados universitarios ou de formación profesional de segundo grao ou de ciclo superior, desempregados inscritos no Servicio Público de Emprego no momento da contratación, sempre que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Que participaran en programas de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico en uni-

versidades ou centros de investigación públicos ou privados e se lles asignen tarefas acordes coa súa preparación e titulación.

b) Que se incorporen a un departamento de actividades innovadoras ou, no caso de que este non exista, se lles asignen tarefas que favorezan a innovación tecnolóxica ou técnica da empresa.

c) Que se incorporen a proxectos empresariais de investigación e innovación acollidos ó Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

d) Que se incorporen a empresas de menos de 50 traballadores para a realización de tarefas relacionadas coa introducción das novas tecnoloxías da información e as comunicacións.

Sétima.-Requisitos.

1. Os contratos en prácticas deberán cumpri-las esixencias e formalidades establecidas no artigo 11 do Estatuto dos traballadores e normas regulamentarias de desenvolvemento.

2. Estes contratos deberán realizarse con traballadores desempregados, inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego no momento da contratación que non tiveran relación laboral coa empresa a través dun contrato da mesma modalidade.

3. Para que os ditos contratos poidan ser obxecto de subvención deberán concertarse a tempo completo, por unha duración inicial non inferior a doce meses, e non poderán supoñe-la sucesión de traballadores en prácticas para ocuparen o mesmo posto de traballo.

4. Os contratos deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Oitava.-Axudas.

Os contratos en prácticas relacionadas con proxectos I+D que reúnan os requisitos e condicións sinaladas nas bases anteriores incentivaranse nunha contía de ata 700.000 pesetas (4.207,08 euros), incrementándose nunha contía de ata 800.000 pesetas (4.808,10 euros) cando se realicen con mulleres tituladas.

Programas de axudas á transformación dos contratos en prácticas en indefinidos e á contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D

Novena.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto favorece-la inserción laboral con carácter estable dos mozos titulados incentivando a transformación dos contratos en prácticas en indefinidos e a contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D.

Para os efectos das axudas previstas neste programa, entenderase que se produce a transformación en todos aqueles casos nos que ámbalas dúas moda-

lidades contractuais se sucedan sen ruptura da relación laboral coa empresa, incluídos aqueles supostos nos que o inicio da relación laboral indefinida ten lugar o día seguinte ó do termo de vixencia do contrato en prácticas, incorporándose á empresa con carácter estable sen ruptura de continuidade na relación laboral.

Os contratos iniciais e as comunicacións da conversión dos contratos en prácticas en indefinidos deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Décima.- Axudas á transformación de contratos en prácticas en indefinidos.

1. Poderán ser obxecto de subvención as transformacións en indefinidos dos contratos en prácticas, calquera que sexa a data de celebración do contrato formativo.

2. Os incentivos serán de aplicación ás transformacións de contratos en prácticas en indefinidos a tempo completo, e ás transformacións de contratos en prácticas a tempo parcial en indefinidos a tempo parcial. Nestes supostos a xornada do novo contrato indefinido será como mínimo igual á do contrato temporal que se transforma.

Cando se trate da transformación dun contrato en prácticas a tempo parcial en indefinido a tempo parcial, o incentivo reducirase en proporción ó tempo de traballo efectivo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

3. A transformación de contratos en prácticas en indefinidos incentivarase cunha subvención de ata 400.000 pesetas (2.404,05 euros).

Cando a dita transformación afecte a mulleres o incentivo incrementarase nunha contía de ata 100.000 pesetas (601,01 euros).

4. Cando se trate de transformación en indefinidos de contratos en prácticas vinculados a proxectos I+D ós que se refire a base sexta deste anexo, e sempre que se incorporen á empresa para a realización de tarefas acordes coa preparación e titulación do traballador, o incentivo incrementarase ata 650.000 pesetas (3.906,58 euros), e cando se trate de traballadoras o incentivo incrementarase nunha contía de ata 750.000 pesetas (4.507,59 euros).

5. Para o caso de que o contrato en prácticas estivese subvencionado ó abeiro dos programas de fomento dos contratos en prácticas convocados pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e se transforme en indefinido con anterioridade á súa duración mínima inicial de 12 meses, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ó período non esgotado reducindo na mesma contía o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.

Décimo primeira.-Axudas á contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D.

1. Poderán ser obxecto de subvención os contratos indefinidos iniciais a tempo completo ou a tempo parcial, incluídos os fixos descontinuos, que se realicen con mozos titulados universitarios ou de formación profesional de segundo grao ou de ciclo superior, desempregados inscritos no Servicio Público de Emprego no momento da contratación, sempre que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Que participasen en programas de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico en universidades ou centros de investigación públicos ou privados e se lles asignen tarefas acordes coa súa preparación e titulación.

b) Que se incorporen a un departamento de actividades innovadoras ou, no caso de que este non exista, se lles asignen tarefas que favorezan a innovación tecnolóxica ou técnica da empresa.

c) Que se incorporen a proxectos empresariais de investigación e innovación acollidos ó Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

d) Que se incorporen a empresas de menos de 50 traballadores para a realización de tarefas relacionadas coa introducción de novas tecnoloxías da información e as comunicacións.

2. Os incentivos aplicables ás contratacións indefinidas a tempo parcial serán proporcionais ó tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

3. Estas contratacións incentivaranse cunha axuda de ata 700.000 pesetas (4.207,08 euros), se se realizan a xornada completa ou a parte proporcional se se realizan a tempo parcial.

A subvención incrementarase nunha contía de ata 100.000 pesetas (601,01 euros) cando as ditas contratacións se realicen con mulleres

Décimo segunda.-Requisitos.

Como consecuencia da contratación indefinida inicial ou da transformación dos contratos en prácticas en indefinidos ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos 12 meses anteriores á data de inicio da relación laboral ou, se é o caso, na referencia que se estableza en plans de emprego pactados coa representación legal dos traballadores no ámbito da empresa.

Para os efectos do cómputo do incremento do cadro de persoal non se terán en conta as baixas dos traballadores que se producisen por propia vontade do traballador ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas.

Normas comúns

Décimo terceira.-Exclusións.

Exclúense dos beneficios establecidos nos programas deste anexo:

a) As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores para prestaren servicios noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

b) Os contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, do empresario ou dos que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como os que se produzan con estes últimos.

c) As contratacións realizadas con traballadores que, nos 24 meses anteriores á data de contratación, prestasen servicios na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato por tempo indefinido.

O disposto no parágrafo precedente será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador con empresas ás que a solicitante dos beneficios sucedera en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

d) Traballadores que finalizasen a súa relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención. Esta exclusión só afectará as contratacións en prácticas cando estas e o anterior contrato indefinido se formalicen coa mesma empresa.

e) Contratacións realizadas con traballadores que nos tres meses anteriores á data de contratación en prácticas ou indefinida inicial, pola que se solicita subvención, prestasen servicios na mesma empresa en virtude dun contrato temporal de duración igual ou superior a 6 meses consecutivos ou 180 días con interrupción nun período de 12 meses, agás que se trate de contratos formativos ou de interinidade que non quedan incluídos nesta limitación.

Décimo cuarta.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos ó presente anexo e deberán ir acompañadas por duplicado exemplar, un deles orixinal ou copia compulsada, da seguinte documentación:

1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.

2. Relación nominal dos traballadores polos que se solicita subvención, con indicación dos supostos e tipo de incentivo que se solicita.

3. Título ou certificado acreditativo da data de terminación dos estudios e DNI de cada traballador contratado.

4. No caso de contratación inicial, indefinida ou en prácticas, documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social. E, contrato de traballo e a alta na Seguridade Social ou, no seu defecto, compromiso de contratación con traballador determinado.

5. No caso de transformación, o contrato en prácticas do que trae causa e as súas posibles prórrogas, así como a comunicación da conversión do contrato temporal en indefinido á oficina pública de emprego e a comunicación da variación de datos á Seguridade Social ou, no seu defecto, compromiso de conversión do contrato en prácticas en indefinido referido a traballador determinado.

6. Cando se trate de contratos en prácticas ou indefinidos, iniciais ou por transformación, vinculados a proxectos I+D, deberá xuntarse unha memoria na que se recolla unha definición precisa do posto de traballo que contemple as tarefas a desenvolver polo traballador, e unha breve descrición das actividades empresariais innovadoras máis relevantes que vai desenvolve-lo equipo ou departamento da empresa no que se integrará o traballador ou as tecnoloxías da información e as comunicacións introducidas nas empresas de menos de 50 traballadores e, se é o caso, documentación acreditativa da participación do traballador contratado en programas de investigación. No suposto de que se trate da incorporación a proxectos empresariais de investigación e innovación acollidos ó Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, deberá achegarse informe favorable da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7. Cando se soliciten incentivos pola contratación indefinida, inicial ou por transformación de contratos en prácticas, deberá achegarse unha declaración na que se faga consta-lo cadro de persoal fixo da empresa en cada un dos 12 meses anteriores á transformación ou contratación, con indicación, de se-lo caso, das baixas producidas polas causas sinaladas na base duodécima deste anexo. Para o caso de que aínda non se realizase a contratación indefinida no momento da presentación da solicitude, a declaración referirase ós 12 meses anteriores a esta, sen prexuízo de que con anterioridade ó pagamento da subvención se acredite o incremento do cadro de persoal en relación coa data da contratación indefinida.

Se é o caso, documentos acreditativos das baixas producidas polas causas previstas na base duodécima deste anexo.

No suposto de plans de emprego pactados coa representación legal dos traballadores nos que se establezan referencias para o incremento do cadro

de persoal no ano 2001, achegarase copia do pacto xunto coa solicitude, e con anterioridade ó pagamento da axuda a documentación acreditativa do dito incremento.

8. Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto ou actividade perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

9. Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade bancaria acreditativa de que o solicitante é titular da conta.

Décimo quinta.-Xustificación do pagamento.

1. Unha vez concedidas as axudas ou subvencións, o seu pagamento quedará condicionado á presentación, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación que se esixa de forma expresa nela, entre a que deberá figura-la seguinte:

a) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Cando se trate de empresas de nova creación, alta no imposto de actividades económicas

c) Documento de alta na Seguridade Social e contratos de traballo debidamente formalizados, de non ter achegado con anterioridade ou, de se-lo caso, comunicación da conversión do contrato temporal en indefinido á oficina pública de emprego e comunicación da variación de datos á Seguridade Social.

d) Cando se trate de contratacións indefinidas, iniciais ou por transformación, os documentos TC2 correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución, agás que xunto coa solicitude se achegaran tódolos boletíns correspondentes ó período de cómputo para o cálculo do incremento do cadro de persoal ou, se é o caso, certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social na que conste o número de traballadores con contrato indefinido e o dos traballadores con contratos de interinidade, en cada unha das ditas mensualidades no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.

e) Declaración complementaria da establecida na base décimo cuarta número 8 deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

2. Malia o sinalado no punto anterior, a documentación esixida na fase de pagamento poderase presentar xunto coa solicitude segundo a opción do interesado.

Décimo sexta.-Seguimento e obrigas dos beneficiarios.

1. Os beneficiarios estarán obrigados a mante-lo número de traballadores fixos do seu cadro de persoal, en cómputo anual, durante polo menos 3 anos, que se contarán desde a data de realización do contrato indefinido ou da transformación do contrato temporal en indefinido.

2. Cando se trate de contratacións indefinidas as empresas beneficiarias deberán manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados durante un período mínimo de tres anos.

No suposto de extinción da relación laboral do traballador polo que se concedese a subvención, a cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reuni-los mesmos requisitos que o traballador substituído, terá que realizarse dentro do mes seguinte ó da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria ó órgano competente que concedese a axuda, dentro dos 20 días seguintes á substitución. Esta nova contratación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda.

Esta obriga manterase durante tres anos desde a data de realización do contrato indefinido obxecto de subvención e, se é temporal, durante a duración inicial do contrato.

3. As empresas beneficiarias, co fin de garanti-lo mantemento dos postos de traballo estables creados que fosen obxecto de subvención, deberán presentar, dentro do primeiro trimestre de cada ano, declaración do termo medio de traballadores fixos en cómputo anual e TC2 do mes de decembro do ano anterior.

A dita obriga manterase durante os tres anos seguintes a aquel no que se concedeu a axuda ou subvención se se trata de contratación indefinida, e ata o ano seguinte ó da concesión da axuda se se trata de contratación en prácticas.

ANEXO E

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO POR REORDENACIÓN DO TEMPO DE TRABALLO

Primeira.-Obxecto.

1. Este programa ten por obxecto establece-las bases dos incentivos á contratación indefinida por conta allea, a tempo completo ou a tempo parcial, incluídos os traballos fixos-descontinuos, que se realice como consecuencia de acordos ou pactos voluntarios que, tendo ou non a súa orixe en acordos sectoriais, sexan subscritos pola empresa e a representación legal dos traballadores ou, de non existir esta, polos traballadores en virtude de acordo maioritario destes, que versen sobre as seguintes materias:

a) Reordenación do tempo de traballo.

b) Reducción da xornada de traballo.

c) Reducción das horas extraordinarias realizadas con carácter habitual e/ou a súa compensación por tempos de descanso equivalente.

2. As novas contratacións, para que poidan ser subvencionables, deben supoñer incremento de emprego neto do persoal fixo nos termos establecidos na base cuarta nº 2 deste anexo, e realizarse con desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego no momento da contratación.

Segunda.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos neste anexo as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que contraten traballadores para prestaren servicios en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nas bases deste anexo.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás que a relación derive de actuacións horizontais de apoio financeiro á promoción económica e fomento empresarial.

Terceira.-Exclusións.

As axudas previstas nesta orde non serán de aplicación nos seguintes supostos:

a) As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores para prestaren servicios noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

b) Os contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, do empresario ou de quen desempeñe cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como os que se produzan con estes últimos, excepto nas empresas de economía social respecto ós socios de traballo.

c) Contratacións realizadas con traballadores que, nos 24 meses anteriores á data da contratación, prestasen servicios na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato por tempo indefinido.

O disposto no parágrafo precedente será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador con empresas ás que o solicitante dos beneficios sucedera en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

d) Traballadores que finalizasen unha relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención.

e) Contratacións realizadas con traballadores que nos tres meses anteriores á data de contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención, prestasen servicios na mesma empresa en virtude dun contrato temporal de duración igual ou superior a 6 meses consecutivos ou 180 días con interrupción nun período de 12 meses, agás que se trate de contratos formativos ou de interinidade que non queden incluídos nesta limitación.

Cuarta.-Requisitos e obrigas.

1. Os incentivos previstos neste anexo serán de aplicación ás contratacións indefinidas derivadas de acordos sobre reordenación e reducción de xornada que se realicen no ano 2001.

2. Como consecuencia da contratación que se fomenta ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos 12 meses anteriores á data do pacto ou acordo sobre reordenación do tempo de traballo ou da referencia que se estableza nel.

Definición e contido dos acordos

Quinta.-Reordenación do tempo de traballo.

Para os efectos dos incentivos previstos neste anexo, terán a consideración de acordos ou pactos sobre reordenación do tempo de traballo aqueles que prevexan unha organización ou distribución do tempo de traballo que difira substancialmente da anterior, mediante o establecemento de modificacións na distribución horaria da xornada laboral, así como a implantación ou reordenación do traballo a quendas e a conversión da xornada partida en continuada ou viceversa e que leven aparellada unha reducción cuantificable do tempo de traballo.

Sexta.-Reducción do tempo de traballo.

1. Para os efectos dos incentivos previstos neste anexo, consideraranse como acordos ou pactos sobre reducción do tempo de traballo aqueles que prevexan unha dimunición da xornada en cómputo anual nun mínimo dun 5% en relación co ano anterior. Esta reducción non terá que acada-lo dito mínimo cando a xornada se sitúe en 35 horas semanais na súa proxección en cómputo anual (1.598 horas).

2. Nestes supostos de reducción de xornada, para que as novas contratacións indefinidas poidan ser obxecto de subvención, o número total de horas que se contraten terá que ser equivalente, como mínimo, ó 75% do tempo reducido.

Sétima.-Reducción das horas extraordinarias.

1. Para os efectos dos incentivos previstos neste anexo, consideraranse como acordos ou pactos sobre reducción de horas extraordinarias aqueles que recollan a reducción das horas extraordinarias habituais e/ou a súa compensación por tempos de descanso equivalente.

No acordo deberá facerse constar expresamente o número de horas extraordinarias e estructurais declaradas e cotizadas á Seguridade Social no ano inmediatamente anterior.

2. Nestes supostos, para que as novas contratacións indefinidas poidan ser obxecto de subvención, o número total de horas que se contraten terá que ser equivalente, como mínimo, ó 75% do número de horas extraordinarias compensadas ou reducidas.

Oitava.-Contido dos acordos.

Os acordos sobre reordenación e reducción do tempo de traballo, para os efectos previstos nesta orde, deberán facer referencia expresa, entre outros, ós seguintes extremos:

-Indicación do tempo certo e concreto da reordenación e/ou reducción do tempo de traballo.

-Número de traballadores fixos do cadro de persoal da empresa, na media aritmética dos 12 meses anteriores ou na referencia que se estableza.

-Número de empregos estables que se creasen como consecuencia das medidas pactadas sobre reordenación do tempo de traballo, reducción de xornada ou reducción de horas extraordinarias.

-Incremento do cadro de persoal que representan as novas contratacións.

Ademais, os acordos deberán conter medidas complementarias que incidan na mellora da productividade da empresa e que contribúan, en consecuencia, a aumenta-la súa competitividade.

Novena.-Incentivos.

1. A axuda, pagadoira dunha soa vez, consistirá nunha subvención de ata un máximo de 300.000 pesetas (1.803,04 euros), se a contratación se realiza a tempo completo ou a parte proporcional se se realiza a tempo parcial.

Cando as ditas contratacións se realicen con mulleres, o incentivo incrementarase nunha contía de ata 100.000 pesetas (601,01 euros).

2. Cando as ditas contratacións se realicen con desempregados cun tempo en permanencia na dita situación mínimo de seis meses, ou con desempregados maiores de 45 anos, a axuda será de ata 750.000 pesetas (4.507,59 euros).

Cando as ditas contratacións se realicen con mulleres pertencentes ós ditos colectivos, o incentivo incrementarase nunha contía de ata 850.000 pesetas (5.108,60 euros).

3. As axudas previstas neste artigo teñen como obxecto a diminución do custo da cota empresarial á Seguridade Social.

4. Os contratos indefinidos, para que poidan ser obxecto de subvención deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

5. Os incentivos aplicables ás contratacións indefinidas a tempo parcial serán proporcionais ó tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

Décima.-Documentación

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos ó presente anexo e deberán ir acompañadas por duplicado exemplar, un deles orixinal ou copia compulsada, da seguinte documentación:

1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.

2. Copia do acordo sobre reordenación de traballo acadado no seo da empresa e, se é o caso, acreditación das horas extraordinarias declaradas e cotizadas á Seguridade Social no ano inmediatamente anterior.

3. Relación nominal dos traballadores polos que se solicita subvención con indicación dos supostos e tipo de incentivos que se solicita.

4. DNI do traballador.

5. Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social. E, o contrato de traballo e a alta na Seguridade Social ou, no seu defecto, compromiso de contratación con traballador determinado.

6. Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas, ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

7. Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade bancaria acreditativa de que o solicitante é titular da conta.

Décimo primeira.-Xustificación e pagamento.

1. Unha vez concedida a subvención, con anterioridade ó seu pagamento, o beneficiario deberá acredita-la cobertura do incremento do cadro de persoal fixo pactado para a anualidade e presentar -no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión-, a documentación que se esixa de forma expresa nela, entre a que debe figura-la seguinte:

a) Documentación acreditativa de que se encontran ó corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Documento de alta no imposto de actividades económicas no caso de tratarse de empresas de nova creación.

c) Os documentos TC2 correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución, agás que xunto coa solicitude se achegasen tódolos boletíns correspondentes ó período de cómputo para o cálculo do incremento do cadro de persoal ou, se é o caso, certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social na que conste o número de traballadores con contrato indefinido e o dos traballadores con contratos de interinidade, en cada unha das ditas mensualidades no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.

d) Declaración complementaria da establecida na base décima número 6 deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

2. Non obstante o sinalado no punto anterior, a documentación esixida na fase de pagamento poderase presentar xunto coa solicitude segundo a opción do interesado.

Décimo segunda.-Seguimento e obrigas dos beneficiarios.

1. As empresas beneficiarias estarán obrigadas a mante-lo número de traballadores fixos do seu cadro de persoal durante polo menos 3 anos que se computarán desde a data da realización da contratación incentivada.

2. As empresas beneficiarias deberán manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ó abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

No suposto de extinción da relación laboral do traballador pola que se concedese a subvención, a cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reuni-los requisitos do traballador substituído, terá que realizarse dentro do mes seguinte ó da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria ó órgano competente que concedese a axuda, dentro dos 20 días seguintes á substitución. Esta nova contratación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda.

Esta obriga manterase durante tres anos desde a data de realización do contrato indefinido obxecto de subvención.

3. Durante os 3 anos seguintes á concesión da axuda ou subvención, e dentro do primeiro trimestre de cada ano, a empresa beneficiaria deberá comunicar á Dirección Xeral de Fomento do Emprego a xornada realizada en cómputo anual, declaración do termo medio de traballadores fixos en cómputo anual e TC2 do mes de decembro do ano anterior e, de se-lo caso, o número de horas extraordinarias realizadas no ano inmediatamente anterior.