Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.827

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de abril de 2001 pola que se exime o Consorcio para o servicio contra incendios e de salvamento da Comarca de Verín da obriga de mante-los postos propios de funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O Pleno do Consorcio para o servicio contra incendios e de salvamento da Comarca de Verín, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 14 de marzo de 2001, adoptou o acordo de solicita-la exención do mantemento de postos propios de Secretaría, Intervención e Tesourería reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Na súa virtude, a Consellería da Presidencia e Administración Pública, en aplicación do establecido no artigo 4 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º 17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Eximi-lo Consorcio para o servicio contra incendios e de salvamento da Comarca de Verín da obriga de mante-los postos propios de Secretaría, Intervención e Tesourería reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Segundo.-As funcións reservadas ós anteditos postos serán exercidas mediante o sistema de acumulación de funcións por un/ha funcionario/a de Administración local con habilitación de carácter nacional dalgún dos concellos que integran a dita entidade local, segundo a elección efectuada polo Pleno de conformidade co previsto no artigo 4.3º e 31.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública