Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.826

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 11 de maio de 2001 pola que se regula o contido básico dos estudios de minimización da producción de residuos perigosos que deben presenta-los productores autorizados de residuos.

A disposición adicional segunda do Real decreto 952/1997, do 20 de xuño, polo que se modifica o Regulamento para a execución da Lei 20/1986, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos, aprobado mediante Real decreto 833/1998, do 20 de xullo, establece a obrigatoriedade para os productores de residuos perigosos de presentaren no prazo de catro anos, a partir da entrada en vigor do citado Real decreto 952/1997, e posteriormente coa mesma periodicidade, un estudio de minimización deses residuos perigosos por unidade producida, comprometéndose a reduci-la súa producción, na medida das súas posibilidades.

Coa finalidade de fixa-los contidos do estudio e ámbito de aplicación, é necesario dictar unha norma que fixe o contido mínimo dese estudio e permita realizar un control efectivo sobre a reducción real dos residuos perigosos xerados polos productores deles. O concepto de productor de residuos perigosos aparece definido no artigo 3 da Lei 10/1998, entendéndose por residuos perigosos aqueles que figuren na lista de residuos perigosos, aprobada no Real decreto 952/1997, así como os recipientes e envases que os conteñan, os que foran cualificados como perigosos pola normativa comunitaria e os que poida aproba-lo Goberno de conformidade co establecido na normativa europea ou en convenios internacionais dos que España sexa parte; por productor entenderase calquera persoa física ou xurídica cando a súa actividade, excluída a derivada do consumo doméstico, produza residuos ou efectúe operacións de tratamento previo, de mestura, ou doutro tipo que ocasionen un cambio de natureza ou de

composición de residuos. Terá tamén carácter de productor o importador de residuos ou adquirente en calquera estado membro da Unión Europea.

Na súa virtude, de acordo coas competencias atribuídas a esta Consellería de Medio Ambiente no Decreto 482/1997, do 26 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Esta orde ten por obxecto regula-lo contido do estudio de minimización que os productores de residuos perigosos están obrigados a elaborar.

Sen prexuízo das normas de desenvolvemento do Real decreto 952/1997, do 20 de xuño, que se dicten no futuro, esta orde dirixirase ós productores de residuos perigosos que estean autorizados para levar a cabo tales actividades segundo o establecido no artigo 9 da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos e aqueles que obteñan tal autorización no mesmo marco legal.

Artigo 2º

O contido do dito estudio axustarase ó establecido no anexo desta orden e presentarase na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente antes do 6 de setembro de 2001 e, posteriormente, cunha periodicidade de catro anos.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Contido do estudio de minimización

1. Datos da empresa.

Número de autorización como productor de residuos perigosos.

2. Situación actual.

Procesos productivos xeradores de residuos perigosos.

Proceso (descrición)Residuos perigosos xerados (descrición e código CER) (1)

(1) Reflectiranse os residuos perigosos producidos en cada proceso

Situación nos tres anos precedentes á presentación

do estudio de minimización

AnoResiduo perigoso producido (cantidade anual) (1)Cantidade de producto ou servicio final do proceso asociado á fabricación do residuo (cantidade anual)

(2)

Ratio de xeración do residuo respecto das unidades de producción (3)

2000

1999

1998

(1) Dato a extraer das correspondentes declaracións anuais.

(2) Consignarase a producción total do producto ou servicio final no que se xera o residuo perigoso anterior.

(3) Consignarase o cociente entre a cantidade do residuo perigoso producido e a cantidade de producto ou servicio final nas unidades correspondentes (p. ex. kg residuo/tm de producto, kg residuo/kWh xerado, kg residuo/unidades de producción, kg residuo/nº de clientes atendidos, etc.).

Cubrirase unha ficha para cada residuo xerado. Caso de producirse o mesmo residuo en dous procesos distintos da mesma unidade fabril, realizaranse fichas independentes para cada proceso.

3. Medidas de minimización adoptadas en cada proceso.

Proceso (descrición)Medidas de Minimización (1)

(2) Tales medidas poderán ser da seguinte natureza que necesariamente se describirán co suficiente detalle xuntándolle os estudios e documentación xustificativos que sexan necesarios.

a) Medidas de aforro de materias primas.

b) Medidas de substitución de materias primas de menor perigosidade.

c) Medidas de eficiencia enerxética.

d) Aforro doutros consumos.

e) Cambios tecnolóxicos no proceso; adopción de tecnoloxías limpas, etc.

f) Cambios organizativos no proceso ou na empresa.

g) Melloras no control e a supervisión internos.

h) Reutilización de residuos no propio proceso.

i) Reciclaxe in situ de residuos.

j) Outras formas de recuperación in situ.

k) Cambio do destino externo dos residuos, de operacións de eliminación a operacións de valorización.

l) Outras medidas.

Previsión de producción nos próximos catro anos pos-

teriores á presentación do estudio de minimización

AnoResiduo perigoso producido (cantidade anual estimada) (4)Cantidade de producto ou servicio final do proceso asociado á fabricación do residuo (cantidade anual estimada) (5)Ratio estimada de xeración do residuo respecto das unidades de producción (6)Porcentaxe de reducción respecto ás ratios de 2000

2001

2002

2003

2004

(4) Dato que hai que estimar a partir da situación actual e as medidas de minimización a adoptar.

(5) Dato que hai que estimar en función das previsións da empresa.

(6) Consignarase o cociente estimado entre a cantidade do residuo perigoso producido e a cantidade de producto ou servicio final nas unidades correspondentes (p. ex. kg residuo/tm de producto, kg residuo/kWh xerado, kg residuo/unidades de producción, kg residuo/nº de clientes atendidos, etc.)

Cubrirase unha ficha para cada residuo xerado. Caso de producirse o mesmo residuo en dous procesos distintos da mesma unidade fabril, realizaranse fichas independentes para cada proceso.