Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, dun contrato de subministración consistente na adquisición de material para o Laboratorio de Consumo de Galicia.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: subministración de material para o Laboratorio de Consumo de Galicia.

Prazo de execución: a subministración realizarase no prazo de 15 días desde a data da sinatura do contrato.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Solvencia económico-financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira a través dun informe de institucións financeiras, de conformidade co establecido no artigo 16.1º a) do TRLCAP. A solvencia técnica e profesional acreditarase, tal e como dispón o artigo 18 a) e 18 d), mediante:

-Unha relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados.

-Mostras, descricións e fotografías dos productos que se van subministrar.

Orzamento base de licitación: tres millóns cincocen-

tas mil pesetas (3.500.000 pesetas, 21.035,424 euros).

Garantías. Provisional: 2% do orzamento do contrato (70.000 pesetas, 420,71 euros).

Obtención de documentación e información:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa, 10-A, 2º.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

-Teléfono: 981 54 45 12.

Fax: 981 54 45 99.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Data límite de presentación: No prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Apertura de ofertas:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións caese en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2001.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo