Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición de licencias tuxedo e weblogic (S/299-2001).

Obxecto e orzamento: adquisición de licencias tuxedo e weblogic por un importe máximo de quince millóns cincocentas mil pesetas (15.500.000 pesetas) IVE incluído, equivalente a 91.156,88 euros.

Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: trinta días naturais desde a sinatura do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica; edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: non se esixen.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver punto 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no

edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos