Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de abril de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dictada no expediente sancionador ES-P-0015/2000, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a proposta de resolución dictada con data do 1 de marzo de 2001 polo órgano

instructor do procedemento sancionador ES-P-0015/00, na que se propón a imposición a Manuel Ávila Santorio, da sanción de 250.000 pesetas, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-91/010, cuenta 73, que lle foi adxudicada.

Consonte co artigo 19, en relación co artigo 3 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado dispón dun prazo de quince días que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta proposta de resolución, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes.

Igualmente, comunícaselle que, a partir deste momento, poderá acceder ó contido do expediente depositado nestas dependencias (r/ Alcalde Hevia, número 7, Pontevedra), podendo obter copias dos documentos que constan nel.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 16 de abril de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: ES-P-0015/00.

Infracción: artigo 5 c. da Lei 13/1996, do 30 de decembro: non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública adxudicada.

Imputado: Marcelino Ávila Santorio.

Último domicilio coñecido: r/ Pateira, 5, blq. 2, 9º C, Vigo.

Intentos de notificación persoal:

1º. 12-3-2001 ás 13.30 h (ausente).

2º. 14-3-2001 ás 13 h (ausente).