Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de abril de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimento do pagamento P-010/2001, ó debedor en réxime de compravenda, devolto polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil, artigo 52, derradeiro parágrafo do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, e a cláusula cuarta do contrato de compravenda, notifícaselle ó interesado cos datos e derradeiro enderezo coñecido (identificado por núm. de expediente e conta) que a continuación se relaciona, o requirimento de pago dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda, os posteriores vencementos que resulten impagados e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó corrente das súas obrigas, ou compareza na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que estime convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 16 de abril de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/440 (expte. desaf.: P-010/2001).

Conta: 127.

Nome: Plácido Acuña Martínez.

Último domicilio coñecido: avda. de Galicia, 79, blq. 15, 2º E (Vigo).

Impago débeda: 2.810.827 pesetas.