Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores AG-SA-73/2001-PO e AG-SA-83/2001-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as incoacións dos expedientes sancionadores por infracción do Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955.

Que, así mesmo, designo instructor dos expedientes a José Antonio de Soto Rodríguez e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Concédeselles ós interesados un prazo de quince días, para que poidan examina-lo expediente, así como formula-las alegacións que estimen axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que, de non efectuaren as alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 19 de marzo de 2001.

Jose Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-73/2001-PO.

Denunciado: Juan Bautista González González.

Último domicilio coñecido: r/ Bernardo Viceta nº 5-3º esq., Ourense.

Feito denunciado: careceren dous animais da especie porcina da guía de orixe e sanidade pecuaria, e un deles de identificación.

Data do acordo de incoación: 6-2-2001.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 217.3º do Decreto do 4 de febreiro de 1955 e o artigo 7 do Real decreto 205/1996, do 9 de febreiro.

Precepto sancionador: artigos 217.3º e 206 a) do Decreto do 4 de febreiro de 1955.

Sanción: de 30.000 pesetas, resultado de aplicar dúas multas de 15.000 pesetas cada unha.

Expediente: AG-SA-83/2001-PO.

Denunciado: Bernardino Pérez Estévez.

Último domicilio coñecido: Angudes, Quintas, Crecente.

Feito denunciado: carecer do certificado de inscrición do vehículo no Rexistro Provincial para Transporte de Animais Vivos.

Data do acordo de incoación: 13-2-2001.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 52.4º do Decreto do 4 de febreiro de 1955.

Precepto sancionador: artigo 206 a) do Decreto do 4 de febreiro de 1955.

Sanción: de 15.000 pesetas.