Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Turismo, sobre homologación do curso Turismo Cultural: Los Museos y Su Entorno, organizado pola Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira, da Orde do 26 de marzo de 1998, pola que se regulamenta a profesión de guía de turismo especializado de Galicia, e para os efectos establecidos no artigo 4 da referida orde, esta dirección xeral resolve homologa-lo curso Turismo Cultural: Los Museos y Su Entorno e desenvolverase na Coruña e Santiago de Compostela os días 2 e 22 de maio de 2001, cunha duración de 34 horas e organizado pola Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2001.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo