Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AG-SA-1/2001-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción do Regulamento de epizootias, Decreto de 4/2/1955.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Mario Orjales Pita e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica, para efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Concedéndolle ó interesado un prazo de quince días, para que poida examina-lo expediente, así como formula-las alegacións que estime axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/93, do 4 de agosto, xa que, de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 16 de marzo de 2001.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-1/2001-PO.

Denunciado: José Pérez Sobrado.

Último domicilio coñecido: Faquias, nº 23-Castelo-Taboada (Lugo).

Feito denunciado: irregularidades detectadas no sistema de identificación de dous bovinos.

Data do acordo de incoación: 15-1-2001.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 103, punto primeiro, letra B, da Lei 50/1998, de 30 de decembro.

Precepto sancionador: artigo 103, punto tres, da citada Lei 50/1998.

Sanción: 750.000 pesetas.