Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a empresa Asesores Medioambientales Consulting, S.L., para actuar como organismo de control autorizado.

Examinada a solicitude presentada por Francisco Leis Vidal, en calidade de representante de Asesores Medioambientales Consulting, S.L., con CIF B-15457294, e con domicilio social na avda. Fisterra 275-2º da Coruña, de autorización para actuar como organismo de control autorizado, a Dirección Xeral de Industria ten en consideración os seguintes

Feitos.

Primeiro.-Asesores Medioambientales Consulting, S.L. foi acreditada por Enac, Entidad Nacional de Acreditación, con data 3 de setembro de 1999, como entidade de inspección, segundo os criterios recollidos na norma UNE EN 45000, para as actividades de ámbito regulamentario recollidas no anexo de Enac correspondente, tal e como consta no certificado de acreditación nº 29/EI031, por un período de vixencia ata notificación en contra.

Segundo.-Con data do 25 de xaneiro de 2001, Francisco Leis Vidal, en nome e representación de Asesores Medioambientales Consulting, S.L. presentou escrito solicitando, ó abeiro do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestructura de calidade e seguridade industrial, que se lle concedese a autorización para actuar como organismo de control, nos ámbitos regulamentarios solicitados.

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 43 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto), e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 57, do 21 de marzo), modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio (DOG nº 86, do 7 de maio) e 292/1995, do 3 de novembro (DOG nº 219, do 15 de novembro), en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 2 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial e demais lexislación

concordante.

Segundo.-Na tramitación de este expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

Terceiro.-A documentación presentada por Asesores Medioambientales Consulting, S.L. acredita que a empresa cumple coas esixencias xerais establecidas no artigo 43.3º do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación no ámbito regulamentario solicitado.

A Dirección Xeral de Industria, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la empresa Asesores Medioambientales Consulting, S.L. para actuar como organismo de control autorizado para as actividades de inspección comprendidas nas áreas dos ámbitos regulamentarios seguintes:

12: Calidade ambiental.

12.1: Área atmosfera.

12.2: Área augas.

Segundo.-Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra, podendo ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos contemplados na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de Enac.

Terceiro.-Asesores Medioambientales Consulting, S.L. queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e para o período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, debendo en calquera caso notificar á Administración competente

da Comunidade Autónoma, distinta da que o autorizou, o comezo da súa actividade.

Cuarto.-Esta autorización queda supeditada ás seguintes condicións:

a) Comunicar á Delegación Provincial de Industria da Coruña os datos actualizados para a súa inscrición ou modificación no Rexistro de Establecementos Industriais, establecido pola Lei de industria e regulado polo Real decreto 697/1995, do 28 de abril e polo Decreto 115/2000, do 11 de maio.

b) Comunicar á Dirección Xeral de Industria, ó día seguinte de producirse, calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, achegando, se é o caso, o informe ou certificado da entidade de acreditación Enac.

c) Cumpri-lo establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e no R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, no que lle sexa de aplicación.

d) Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumpri-los requisitos suplementarios que no seu día poida establece-la Consellería de Industria e Comercio.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria