Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/9-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Pizarras La Tranquila, S.A.

Domicilio social: Casaio, 32330 Carballeda de Valdeorras.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. para nave elaboración de lousa.

Situación: Casaio-Carballeda de Valdeorras.

Características técnicas: centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, con transformador de 630 kVA, R/T 20.000/380-220 V preto da nave en Munelos, alimentado por conexión aérea a 20 kV derivada desde a L.M.T. de Unión Fenosa, S.A. que subministra a Pizarras Europeas Arias, S.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 10 de abril de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense