Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. de Agro do Pobre, Ferreiro e Carreira, no concello de Palas de Rei. (Expediente 36/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na avenida de Arteixo 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/2966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV

do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública se presentaron as seguintes alegacións:

1. Celsa Vázquez Vilela que substancialmente manifesta que o proxecto adolece dun plano catastral que permita a identificación das parcelas, o que levou a que non se lle notificara a tramitación do expediente pese a ser copropietaria dunha das parcelas afectadas.

Así mesmo, propón un trazado alternativo ó proxectado que, segundo manifesta, cumpriría cos requisitos establecidos no artigo 6 da Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e no artigo 26 do Decreto 2619/1966, polo que se aproba o regulamento desta lei.

Por último, manifesta que o trazado proposto pola empresa Unión Fenosa, S.A. afectaría a castiñeiros centenarios.

2. José Mª Castro Vázquez que practicamente reproduce as alegacións formuladas por Celsa Vázquez Vilela.

Considerando que tales alegacións, vista as contestacións a estas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, non impiden continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

1º) Os planos de planta e perfil que constan no expediente son os esixidos no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, e no artigo 15.2º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, para este tipo de instalacións, e polo tanto, suficientes para a identificación do trazado da liña e das afeccións que esta ocasiona. Nembargantes, en virtude do establecido tamén no artigo 15.2º do Decreto 2619/1966, que recoñece o dereito dos afectados a solicitar máis datos para a identificación dos seus bens, requiriuse á empresa Unión Fenosa, S.A. para que presentara os correspondentes planos catastrais, os cales lle foron remitidos ós alegantes.

2º) Foron corrixidos os erros padecidos na relación de bens e dereitos afectados en canto á titularidade da parcela nº 8, sendo propostos como titulares dela ós alegantes. Así mesmo, tamén se corrixiu o erro padecido con respecto á titularidade da parcela nº 10, da cal foi proposto o titular José María Castro Vázquez, entendéndose a partir deste momento tóda

las actuacións con respecto a estas parcelas cos alegantes.

3º) A alternativa ó trazado da liña proposta polos alegantes, que en realidade se trata dun novo trazado distinto do proxectado, non cumpre cos requisitos establecidos no artigo 26 do Decreto 2619/1966, xa que, aínda que sexa máis curto na súa totalidade có trazado proxectado polo autor do proxecto, en virtude do artigo 4 do Decreto 3151/1968, superaría en lonxitude o 10% da parte do predio afectado pola variación que segundo o proxecto transcorre sobre a propiedade dos alegantes.

4º) Os bens afectados pola imposición da servidume de paso serán descritos minuciosamente no levantamento da acta previa á ocupación dos predios segundo o procedemento establecido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Estes bens serán, así mesmo, obxecto de valoración no momento de fixa-la indemnización que corresponda polo Xurado Provincial de Expropiación, para o que se substanciará o correspondente expediente de prezo xusto segundo o procedemento establecido nos artigos 24 e seguintes da Lei de expropiación forzosa.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que na liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións sobre os predios en expropiación, ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997, antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de comeptencias atribuída polos decreto 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Maceda, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, con orixe na L.M.T. D.C. Palas de Rei-Friol e remate no C.T. de Maceda, cunha lonxitude de 0,27 km e con 3 apoios de formigón.

2. Centro de transformación intemperie Maceda, localizado en Maceda, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Liña de baixa tensión aérea Agro do Pobre, Ferreiro e Carreira, con orixe no C.T. de Maceda, lonxitude 2,2 km e 32 apoios de formigón.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias esta

blecidas o artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución e anexo, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico de data 16 de agosto de 2000.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso do 3 de outubro, Diario Oficial de Galicia do 25 de outubro e no BOP de Lugo do 11 de outubro de 2000, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Palas de Rei. Ata o momento do levantamento das actas previas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 6 de abril de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo