Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Anuncio de contratación, por concurso por procedemento aberto, para a adquisición dunha pa cargadora retroescavadora e equipamento.

Obxecto: adquisición dunha pa cargadora retroescavadora e equipamento.

Importe: 7.888.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo de subministración: 15 días.

Obtención de documentos e información.

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Teléfonos: 986 33 13 01; fax: 986 33 58 50.

c) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

Presentación de ofertas. Prazo: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da data do último anuncio que se publique no BOP ou ben no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 17 de abril de 2001.

José Manuel Barros González

Alcalde