Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da alcaldía do 7-5-2001 e do disposto nos artigos 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de xestión de servicios públicos.

1. Obxecto: concesión da explotación das instalacións municipais (café-bar, vestiarios e duchas) da praia dos Bloques.

2. Tramitación: ordinaria.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Canon: 120.000 pesetas anuais (721,21 euros).

6. Prazo: catro anos.

7. Fianza provisional: 40.000 pesetas (240,4 euros).

8. Fianza definitiva: 100.000 pesetas (601.01 euros).

9. Presentación de ofertas: durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do artigo 11 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, pza. de España, nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, tlf. 982 12 86 50, fax: 982 13 09 75, horario de atención ó público de 9 a 14 horas de luns a venres.

10. Modelo de proposición:

D/Dª..... veciño/a de..... con domicilio en..... titular de DNI nº..... en nome propio (ou en representación de ...), informado da licitación convocada para adxudica-la concesión dos servicios de café-bar, vestiarios e duchas na praia dos Bloques, comprométese a asumi-lo dito arrendamento conforme os pregos de condicións particulares, que acepta integramente, para o que presenta:

a) Oferta dun canon anual para o Concello de.... pesetas (en letra e número).

b) Experiencia en xestión de hostalería, que acredita coa seguinte documentación.

c) Propostas alternativas de mellora do servico ou das instalacións.

Ribadeo, ..... de..... de 2001.

11. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 13 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó de remate de presentación de ofertas e previa convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 7 de maio de 2001.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde