Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, e a través de contrato de servicios, o seguinte servicio:

Obxecto: limpeza de praias e mantemento do areal das praias do concello de Oleiros.

Orzamento de licitación: 9.992.288 pesetas (co IVE).

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de duración do contrato: catro meses, non prorrogables.

Prazo de presentación de ofertas: o prazo de presentación de ofertas será de oito (8) días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG, rematando ás 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 9 de maio de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa