Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Forcarei.

O Pleno do Concello de Forcarei, na sesión que tivo lugar o día 27 de abril de 2001, aprobou inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Forcarei, acordándose a apertura de información pública polo período dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

O expediente está á disposición dos interesados nas oficinas municipais, das 9 ás 14 horas.

Segundo o previsto no artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, suspéndese o procedemento de outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio obxecto do planeamento, nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxima urbanístico vixente.

Forcarei, 2 de maio de 2001.

David Raposeiras Correa

Alcalde