Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE IRIXOA

ANUNCIO de aprobación definitiva de modificación puntual das normas subsidiarias.

Por medio de acordo plenario do 30-3-2001 deuse aprobación definitiva, conforme o informe vinculante do conselleiro de Política Territorial, á modificación puntual nº 7 das normas subsidiarias. Tal modificación puntual consiste na ampliación do núcleo rural dos Muíños-Follente, parroquia de Mántaras, incluíndo a parcela onde se atopa o local-escola; polo tanto, a modificación non implica variación de normativa, senón unicamente de planimetría (plano 33), manténdose a parcela do local-escola na súa clasificación de solo de equipamento, concretamente, uso social-cultural.

Contra este acordo, que é definitivo pero non esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo de 1 mes ante o órgano que o dictou; tamén se poderá interpoñer, de forma non simultánea có anterior, o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte da presente publicación (ou, de se-lo caso, da notificación da resolución do recurso de reposición potestativo), na forma prevista no artigo 45 e seguinte da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-adminstrativa; se se opta polo recurso de reposición e este non fora resolto e notificado expresamente no prazo dun mes, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo sería de 6 meses. Todo sen

prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se estime procedente.

Irixoa, 9 de abril de 2001.

Juan Pérez Díaz

Alcalde