Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

EDICTO.

Ó abeiro do disposto no Decreto 258/1992, do 10 de setembro, faise público que a Corporación Municipal do Concello de Cervo, na súa sesión plenaria que tivo lugar con data do 5-4-2001, aprobou proposta de escudo e bandeira municipal das seguintes características:

A organización do futuro escudo municipal de acordo co seguinte brasonamento:

-De sinople (verde), un cervo de ouro (amarelo), vilanado de goles (vermello); xefe da azur (azul) cunha estrela de ouro flanqueada de dúas áncoras de prata. Ó timbre, coroa real pechada.

A organización da futura bandeira municipal queda da seguinte forma:

-Sobre paNo verde, un cervo amarelo, vilanado de vermello; a un tercio de hasta encaixado de azul coa estrela de amarelo e unha áncora de branco.

O que se fai público para xeral coñecemento, para o que se abre un prazo de información pública dun mes.

José Insua Pernas

Alcalde