Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica proposta de resolución do expediente sancionador Secretaría 238/2000.

De conformidae co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se cita a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de Sanidade, do 25 de abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente sancionador: Secretaría 238/2000.

Denunciado/a: Confitería Carmiña, S.L.

DNI/CIF: B-15050099.

Último enderezo coñecido: Forcarei, 21. A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: vintecinco mil pesetas.

A Coruña, 6 de marzo de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña