Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio consistente na organización dunha colonia infantil de verán para os fillos dos asegurados ó Réxime Especial do Mar na provincia de Pontevedra.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio consistente na organización dunha colonia infantil de verán para os fillos dos asegurados ó Réxime Especial do Mar na provincia de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica, na avda. Cánovas del Castillo, s/n de Vigo.

c) Nº de expediente: 11/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: organización dunha colonia infantil de verán para os fillos dos asegurados ó Réxime Especial do Mar na provincia de Pontevedra.

b) Lugar de execución: no territorio nacional.

c) Data: do 2 ó 16 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: procedemento aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.700.000 pesetas (seis millóns setecentas mil pesetas), 40.267,81 A.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: a documentación estará exposta en tódalas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. A información proporcionarase na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra nas súas dependencias de Vigo, avda. Canovas del Castillo, s/n, código postal 36202.

b) Teléfono: 986 81 72 11 e 986 81 72 12.

c) Fax: 986 81 72 01.

d) Domicilio: información na avenida Cánovas del Castillo, s/n.

e) Localidade e código postal: Vigo-36202.

f) Data límite de obtención de documentos e información: tódolos días laborables excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas, ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

g) Páxina web: www.sergas.es.

h) Correo electrónico: Maria Eugenia Costas Davila/SA/XUNTA*XUNTA.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditarase a solvencia económica, financeira e técnica, en calquera dos medios previstos nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 8 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra en avenida Vigo, s/n de Pontevedra, ou nas súas dependencias de Vigo, avda. Cánovas del Castillo, s/n, código postal 36202. Tamén poden enviarse por correo na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais nas súas dependencias de Vigo.

b) Domicilio: avda. Cánovas del Castillo, s/n en Vigo.

c) Data: décimo día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 4 de maio de 2001.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais de Pontevedra