Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación do servicio de limpeza nos centros dependentes da Delegación Provincial de Ourense.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso, do seguinte contrato de servicios:

Limpeza nos centros dependentes da Delegación Provincial de Ourense (Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Museo Arqueolóxico de Ourense, Museo Etnolóxico de Ribadavia, Biblioteca Pública de Ourense, Depósito do Seminario Menor de Ourense, Bibliobús, Museo do Viño, Oficina de turismo e Oficina de turismo na Ponte Vella).

Orzamento de licitación: dezanove millóns cincocentas corenta e cinco mil setecentas cincuenta e seis pesetas (19.545.756 pesetas, 117.472,36 euros) IVE incluído.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=376.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo