Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 16 abril de 2001, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre as constitucións, modificacións e baixas provisionais das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta dirección xeral, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións e baixas provisionais que se citan.

Constitución de:

A sociedade agraria de transformación San José de Oa nº 1.080 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Oa-Xavestre-Trazo (A Coruña); obxecto social: utilización de maquinaria en común; capital social: 30.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Vilei SAT nº 1.081 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Barbadelo-Sarria (Lugo); obxecto social: servicios agrícolas e gandeiros; capital social: 9.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Abilleriza SAT nº 1.082 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Tallo-Ponteceso (A Coruña); obxecto social: producción de carne de coello; capital social: 16.500.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Xerlea SAT nº 1.083 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Xermar-Cospeito (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 42.600.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Plantavida SAT nº 1.084 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Granxa do Sobrido-Muíños-Oleiros-Ribeira (A Coruña); obxecto social: explotación e xestión do predio con viveiros de plantas de vide, forestais e hortifrutícolas, explotación forestal; capital social: 600.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Arnova SAT nº 1.085 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Arnova-Campo-Trazo (A Coruña); obxecto social: utilización de maquinaria en común; capital social: 40.000 pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Caseiro de Ernes SAT nº 1.086 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo na Veiga de Pumar, 7-Cospeito (Lugo); obxecto social: producción agrogandeira; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Veiga da Lama SAT nº 1.087 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Prevesos-Veiga da Lama, 3-Castro de Rei (Lugo); obxecto social: explotación de gandería de vacún de leite; capital social: 3.000.000 de pesetas; nº de socios: 5.

A sociedade agraria de transformación Marcelín SAT nº 1.088 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Marcelín-Riós (Ourense); obxecto social: producción, transformación e comercialización de cultivos agrí

colas e a explotación de terras, a explotación de gando con base na aplicación de métodos racionais (agricultura integrada), así como todas aquelas actividades agrícolas, gandeiras ou forestais que impliquen a mellora económica e social dos seus socios; capital social: 5.850.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Adega Avelina SAT nº 1.089 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Córgomo, 4-Vilamartín de Valdeorras (Ourense); obxecto social: cultivo, embotellamento e comercialización de viño; capital social: 600.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Masoucos SAT nº 1.090 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo na Pumarega-Castroverde (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 13.300.000 pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Bodegas Testeiro SAT nº 1.091 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en r/ Somoza, nº 3-A Rúa (Ourense); obxecto social: cultivo de viñedo e a elaboración, embotellamento e comercialización de viños e os seus derivados; capital social: 1.000.000 de pesetas; nº de socios: 5.

A sociedade agraria de transformación Viñedos Fernández Ozores SAT nº 1.092 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en avda. Ordóñez, 7-Goián -Tomiño (Pontevedra); obxecto social: producción e comercialización de uva branca e tinta acollida á denominación de orixe Rías Baixas; capital social: 1.000.000 de pesetas; nº de socios: 5.

A sociedade agraria de transformación Ganadería Souto SAT nº 1.093 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Bama-Touro (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 49.800.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Doroña SAT nº 1.094 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Castañeda-Arzúa (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 41.093.504 pesetas; nº de socios: 4.

Modificación de:

A sociedade agraria de transformación O Campón SAT nº 4.071, na asemblea xeral do 16-9-2000, acordan por unanimidade a elección de nova xunta rectora, que queda integrada por Jesús Saco Barcia, presidente; Antonio Fernández Fernández, secretario; José Luís Páramo Neira, Fernando Castelo Carballés e Víctor Novo Pernas, vocais.

A sociedade agraria de transformación Rama Andrade SAT nº 1.020 XUGA, na asemblea xeral do 10-3-2001, acordan por unanimidade amplia-lo

capital social en 6.000.000 de pesetas, pasando dun capital social de 6.000.000 de pesetas, a un definitivo capital social de 12.000.000 de pesetas, en 12 xustificantes de 1.000.000 de pesetas, cada un deles.

A sociedade agraria de transformación Nimo SAT nº 1.005 XUGA, na asemblea xeral, do 20-1-2000, acordan un aumento do capital social en 6.000.000 de pesetas, desembolsando en valoración de bens mobles e certificacións bancarias. Pasa o capital social de 150.000 pesetas, co aumento de 6.000.000 de pesetas a un definitivo capital social de 6.150.000 pesetas, participando en 123 xustificantes nominativos de 50.000 pesetas, cada un. Quedando reflectido no artigo 2 dos estatutos esta cantidade de capital social establecida.

A sociedade agraria de transformación Tambre SAT nº 753 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 31-9-2000, acordan por unanimidade a elección de nova xunta rectora, que queda integrada por Manuel Ramas Rodríguez, presidente; José Sánchez Fraga, secretario; José Mariño Boquete, Antonio Domínguez Vilariño, Juan Rodríguez Castro, Julián Domínguez Noya e Rosa María Noya González, vocais.

A sociedade agraria de transformación Xoios SAT nº 1.041 XUGA, na asemblea xeral, do 6-2-2001, acordan modifica-lo valor do xustificante no artigo 2 dos estatutos e aumenta-lo capital social. Así pasan o valor do xustificante de 1.000.000 de pesetas a 10.000 pesetas cada xustificante, quedando o mesmo capital social representado por 3.900 xustificantes. O aumento do capital social é de 5.850.000 pesetas, pasando de 39.000.000 de pesetas a un definitivo capital social de 44.850.000 pesetas; participando en 4.485 xustificantes de 10.000 pesetas cada un.

A sociedade agraria de transformación Lola SAT nº 1.030 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 1-9-2000, acordan modifica-lo valor do xustificante no artigo 2 dos estatutos, pasando o valor do xustificante de 50.000 pesetas a 5.000 pesetas, sendo o actual nº de xustificantes de 200 que por 5.000 pesetas cada un corresponde 1.000.000 de pesetas. Así mesmo, acordaron aumenta-lo capital social pasando de 1.000.000 de pesetas a un definitivo capital social de 1.300.000 pesetas, en 260 xustificantes de 5.000 pesetas cada un deles.

Baixa provisional de:

A sociedade agraria de transformación Cofruga SAT nº 842 XUGA, por mandamento do 27 de decembro de 2000, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no Indice das Entidades.

A sociedade agraria de transformación Lasac SAT nº 562 XUGA, por mandamento do 27 de decembro de 2000, da Delegación da Axencia Estatal da Admi

nistración Tributaria, dáse de baixa provisional no Índice das Entidades.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2001.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación