Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio ambiental do parque eólico de Pena da Cruz, o proxecto de execución das instalacións que comprende, o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do dito parque eólico que se vai desenvolver nos concellos de Castro Caldelas e Chandrexa de Queixa. (Expediente IN661A 00/6-3 A.T.).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada por Gamesa Energía, S.A., de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudio ambiental do parque eólico de Pena da Cruz.

Lexislación aplicable para os efectos anteriores: Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia; Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e, supletoriamente, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, respectivamente de autorización e de expropiación e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación conforme o establecido na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; decretos 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, e o 337/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

2. Características básicas do proxecto.

a) Peticionario: Gamesa Energía, S.A.

b) Enderezo: avda. do Cruceiro da Coruña nº 201-A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Denominación: parque eólico Pena da Cruz.

d) Situación: Serra do Burgo; concellos de Castro Caldelas e Chandrexa de Queixa (Ourense).

Coordenadas poligonais en unidades UTM da área delimitada polo parque:

Punto 1 (631.000, 4.687.000); punto 2 (631.579, 4.687.974); punto 3 (630.000, 4.686.000); punto 4 (630.000, 4.685.750); punto 5 (629.250, 4.685.750); punto 6 (629.500, 4.686.000); punto 7 (629.985, 4.686.971).

Superficie de afección: 141,13 ha.

e) Finalidade: producción de enerxía eléctrica a partir da enerxía eólica.

f) Datos técnicos:

-Conxunto de 15 aeroxeradores de 850 kW/u, que suman unha potencia bruta total de 12,75 MW.

-C.T. que se vai instalar en cada aeroxerador de 900 kVA de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Interconexión dos aeroxeradores con un circuíto eléctrico subterráneo a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. 15/25 kV 3x1 (1x300) mm Al.

-Subestación transformadora. Dotación de dúas celas de protección e medida a 20 kV tipo CBGS-0 con illamento en gas SF e dos elementos de interconexión necesarios.

-Sistemas de control e supervisión.

g) Orzamento: 1.259.784.412 pesetas.

3. Urxente ocupación.

O peticionario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Estudio ambiental.

O estudio ambiental do parque eólico sométese a información pública en aplicación da normativa indicada no punto 1, e pode ser examinado nas dependencias seguintes: Dirección Xeral de Industria; Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental; delegacións provinciais en Ourense das consellerías de Industria e Comercio e Medio Ambiente e nos concellos afectados.

5. Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Ten por obxecto realiza-la ordenación do territorio do parque eólico, o cal se inclúe dentro do plan eólico estratéxico denominado PEE Gamesa, aprobado pola Consellería de Industria e Comercio por Resolución do 29-12-1995. O dito plan está comprendido dentro do Plan eólico de Galicia, que está clasificado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1-10-1997 (DOG do 15 de novembro).

6. Alegacións.

Os interesados e os seus representantes poden examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial na rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense; tamén nos organismos citados no punto 4 no que respecta ó estudio ambiental, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos

ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 18 de abril de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de bens e dereitos afectados

Parque eólico Pena da Cruz.

PropietarioSuperficie afección

S.E.S.P.

Predio

NomeDomicilioZapatasPlataf.VooVíasGabiasPr. eólica(O.T.)Cult.Lugar

1-8M.V.M.C. de Drados

Prdte. Ovideo Fernández Ojea

r/ Sáenz Díez, 21-baixo

32003 Ourense

3.375,00 m5.624,84 m13.776,36 m29.646,85 m3.417,18 m121.866,77 m121.866,77 mM.B.Pena do Piorno

Penas do Cubato

Pena da Loba

Seara Bendita

Portela do Burgo

Pena dos Currás