Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/100-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Tudela-JOP peirao comercial e reforma C.D. Campsa.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 245 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.D. Proas, alimentando en bucle os CC.DD. Campsa-peirao e Tudela, rematando no empalme L.M.T. JOB-peirao comercial. Toda a instalación está situada no concello de Vigo. Reforma C.D. con 3 celas de liña CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra