Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/133-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Bruñeiras-estación.

Situación: As Neves.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.533 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio a substituír da L.M.T. Bouzas-As Neves ata o C.T. existente denominado estación, concello das Neves.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados, presentáronse as seguintes alegacións:

Predios 16 e 68. Solicita que se lle informe sobre a traza exacta da liña. Trasladouse copia do escrito a Unión Fenosa e contesta esta dicindo que visitaron a propietaria e marcaron sobre o terreo a traza da liña. Trasladado o escrito á propietaria, non presenta esta novas alegacións.

Predio 66. Aínda que non se opón ó paso da liña, quere coñece-lo lugar exacto da colocación dos apoios. Trasladado o escrito a Unión Fenosa, esta informa que no predio 66 non vai colocado apoio ningún e xunta plano coa traza da liña. Trasladado o escrito ó propietario, este non contesta no prazo establecido.

Predios 65, 72 e 74. Necesita coñece-la localización das parcelas. Trasladado o escrito a Unión Fenosa, esta contesta que a liña é unha renovación dunha xa existente, polo que segue a mesma traza; xunta plano coa situación das parcelas. Trasladada copia do escrito ó propietario, este non contesta no prazo establecido.

Predio 70. Que coloquen o apoio na parte superior do predio. Trasladado o escrito a Unión Fenosa, esta contesta que como a liña é renovación dunha xa existente, o apoio vai colocado no mesmo lugar. Envíase copia do escrito ó propietario, non contestando este no prazo establecido.

Considerando que se cumpriu o solicitado polos alegantes canto á información da traza da liña e que ningún deles presentou ulteriores alegacións,

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 23 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra