Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/110-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. polígono Torneiros-Cooper Zeltia-Lourambal.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: L.M.T., a 15 kV con conductos tipo LA-56. LA-110 e R.H.V. tramo I-aéreo, de 121 m de lonxitude, desde un apoio que substitúe o D20/7 da L.M.T. ó C.T. Cooper Zeltia ata o apoio final da liña desde onde se realiza a conexión ó C.T. Cooper Zeltia. Tramo II-aéreo, de 49 m de lonxitude, desde o apoio a substituír, D20/7, do tramo anterior, ata o apoio existente tipo 1.000/14 da L.M.T. ós CC.TT. Lourambal e polígono Torneiros. Tramo III-subterráneo, de 625 m de lonxitude desde o apoio a substituír, D20/7, do tramo anterior ata o apoio n.9 da L.M.T. ATI 7.25. Toda a instalación está situada no concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 28 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra