Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.627

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 30 de abril de 2001 pola que se modifica a do 11 de xaneiro de 2001, pola que se regula o establecemento de subvencións para a realización de programas destinados a prestarlles atención ós enfermos mentais crónicos nos centros de rehabilitación psicosocial e laboral, polas asociacións de familiares e outras entidades sen ánimo de lucro.

A Orde do 11 de xaneiro de 2001 ten por obxecto o establecemento de subvencións para a realización de programas destinados a prestarlles atención ós enfermos mentais crónicos nos centros de rehabilitación psicosocial e laboral, polas asociacións de familiares e outras entidades sen ánimo de lucro, ó abeiro da Orde do 23 de outubro de 1998, de regulamento dos centros de rehabilitación psicosocial e laboral para enfermos mentais crónicos como desenvolvemento dos dispositivos de apoio comunitario.

A solicitude, tramitación e concesión das subvencións destas subvencións axústase ó disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financiero e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, á Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2001.

Con este fin, a dita Lei de orzamentos para o ano 2001, na aplicación 11.01.311.480.0. consigna unha partida orzamentaria para as subvencións da devandita orde. Na Orde do 11 de xaneiro, no artigo 4.b), destínanse 142.318.000 ptas, con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.01.311A.480.0 e 11.03.212D.484.1, dos orzamentos xerais da Comu-

nidade Autónoma para o ano 2001, e establécese que a dita cantidade se poderá incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

Debido á ampliación do abano de programas destinados a prestarlles atención ós enfermos mentais crónicos nos centros de rehabilitación psicosocial e laboral, polas asociacións de familiares e outras entidades sen ánimo de lucro, esta consellería considerou conveniente efectua-los trámites necesarios para incrementa-la dotación inicialmente prevista na orde de referencia.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me foron concedidas polos artigos 34 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplíase a dotación orzamentaria prevista no artigo 4.b) da Orde do 11 de xaneiro de 2001, que regula a concesión de subvencións a asociacións de familiares e outras entidades sen ánimo de lucro, por un importe de 60.500.0000 pesetas, con cargo á aplicación orzamentaria 11.01.311A.480.0.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais