Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.603

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 1 de marzo de 2001, da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona, de notificación de providencia de constrinximento (01.2.1.11.002).

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fai saber que, ó non ser posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e intentadas estas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse os especificados na mencionada relación para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na Unidade de Recadación para Débedas de Menor Contía da Dependencia Provincial de Recadación da AEAT en Barcelona, situada no Passeig de Josep Carner, 33, planta baixa, de Barcelona, para seren notificados regulamentariamente.

En caso de non comparecer no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.

Barcelona, 1 de marzo de 2001.

J. Ignacio Mora Artiga

Xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona

Nome: Colmenero Quelle, José Ramón.

NIF: 15375035-H.

Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.

Referencia: C110000032014635.

Unidade: Unidade Rec. Menor Contía.

Lugar de comparecencia: Ps Joseph Carner 33, planta baixa, Barcelona.