Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.603

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 2 de marzo de 2001, da Dependencia Provincial de Recadación de Almería, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria 230/1963, do 28 de decembro, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, e despois de intentada a notificación do interesado por dúas veces sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que se encontran pendentes de notifica-los actos dos que se especifican a seguir o interesado e o procedemento.

Órgano responsable e lugar de comparecencia: Dependencia Provincial de Recadadación. Delegación Provincial da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Almería, sita en c/ Pº de Almería, 69, 9ª. C.P. 04071 Almería.

En virtude do anterior, dispoño que os suxeitos pasivos, obrigados tributarios, indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no boletín oficial desa Comunidade, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas, no lugar que se sinala, para os efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, advírtese ós interesados que, de non compareceren no citado prazo, a notificación se entenderá producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Almería, 2 de marzo de 2001.

Ambrosio Benedicto López

Xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Almería

Datos do contribuínte: 10853241R.

López Cid, Ángel Santiago.

AV/ Poniente, 12.

Concepto/Descrición/Obj. trib.: sanción exp.: 1999/117/99-LU pes. maris.

Clave liquidación: C1100000270138748.

Importe: 30.001.

F. prov. const..: 16-11-2000.