Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 26 de marzo de 2001, acordou aprobar definitivamente a delimitación do polígono 2 do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) da Choupana, adoptando como sistema de actuación o de cooperación.

Na mesma sesión a comisión de goberno acordou o inicio do expediente de reparcelación do polígono delimitado.

O inicio do expediente de reparcelación leva consigo a suspensión do outorgamento de licencias de edificación e parcelación no ámbito delimitado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo