Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

ANUNCIO de poxa.

Anuncio de licitación: o Concello de Fene anuncia poxa, con procedemento aberto, para adxudica-las obras de travesías 2ª fase AC-133, p.k.: 3,252-3,600 Barallobre, incluídas no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e da rede viaria local 2001, de conformidade co seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de travesías 2ª fase AC-133, p.k.: 3,252-3,600 Barallobre.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa conforme o prego de cláusulas administrativas particulares aprobado polo Pleno da Corporación Provincial en sesión que tivo lugar o 30 de marzo de 2001 e publicado no BOP nº 78, do 4 de abril de 2001.

3. Duración do contrato: seis (6) meses.

4. Tipo de licitación: 22.749.127 pesetas (136.725 euros), IVE incluído.

5. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida 2001.511.06.61100 do orzamento municipal de gastos.

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Garantía definitiva: será do 4% do prezo de adxudicación.

8. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG, segundo resulte, das 10 ás 13 horas, no rexistro xeral da casa do concello.

9. Apertura do sobre que conteña a proposición económica: terá lugar ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo de presentación de proposicións, agás que coincidise en sábado, caso no que se trasladará ó seguinte hábil.

10. Modelo de proposición: as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

D....., con domicilio en..... rúa..... teléfono..... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..... actuando en nome propio (ou en representación de..... DNI ou CIF nº..... e con domicilio en..... nº.... teléfono.....), toma parte na poxa, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de travesías 2ª fase

AC-133, p.k. 3,252-3,600 Barallobre..., e para tales efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de..... pesetas (euros) que significa unha baixa de.... pesetas (.....euros) en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En....., o..... de..... de 2001.

O licitador (asinado e rubricado)

11. Gastos de publicidade: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Fene, 4 de maio de 2001.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde