Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 27 de marzo de 2001, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización promovido por Calixto Patiño Bermúdez, en representación de Patiño y Gestal, S.L., para a urbanización da UA 30, sita na avda. do Balneario, segundo proxecto redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez (expediente 40/2000.PUR).

Recursos.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá vostede interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facelo perante o órgano municipal do que dimana o presente acto no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderá vostede interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da recepción da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a súa interposición sen que fose notificado, poderá vostede interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 3 de abril de 2001.

P.D. (Decreto nº 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde