Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (modificación do PXMO).

Por acordo do Concello Pleno, con data do 5 de abril do 2001, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual do PXMO para clasificar e cualifica-las parcelas excluídas do ámbito do SUP 4-R, en Oleiros.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 27 de abril de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta