Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.577

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo sobre categorías, adoptado pola Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 4 de maio de 2001.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, Real decreto 1040/1981, artigo 2º.e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 8 de maio de 2001, certificación da secretaria da Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia, na que se fai consta-lo acordo sobre categorías, acadado na xuntanza do 4 de maio de 2001.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Na xuntanza da comisión paritaria con data do catro de maio de dous mil un (acta 4/2001) adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro.-Incluír no anexo II do III Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia a seguinte categoría:

Grupo: IV.

Categoría-número: 39.

Categoría-denominación: auxiliar de autopsia.

Segundo.-Suprimir do citado anexo II a categoría 13 do grupo V, coa denominación de mozo de autopsia.