Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.578

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 4 de xullo de 2000, correspondente á categoría 36 (experto/a audiovisual) (lista B) do grupo III.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 22 de decembro de 2000, resolución estimatoria do recurso extraordinario de revision formulado por Luis Villaverde Caride, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 16 de outubro de 2000, pola que se estima parcialmente o recurso de alzada interposto contra a Resolución do 4 de xullo de 2000 pola que se fan públicas as listas definitivas correspondentes á categoría 36 (experto/a audiovisual) do grupo III (lista B).

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede darlle-la debida publicidade á modificación provocada por esta na lista publicada por Resolución do 4 de xullo de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 36 (experta audiovisual) (lista B) do grupo III, cos datos seguintes:

Luis Villaverde Caride, DNI: 36.107.589, lista B, puntuación: 2,27 puntos.

-No posto número 3 para o ámbito U0000.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública