Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.493

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (96/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos nº 96/2001 seguidos por instancia de Santiago Fraga Mínguez contra Garova, S.L. sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonio Rey Eibe, dictou sentencia, con data do 11-4-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Santiago Fraga Míguez, contra a empresa Garova, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do depedimento, e declaro a extinción da relación laboral existente entre as partes polo peche da empresa, condenando a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 2.007.200 pesetas en concepto de indemnización, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación a Garova, S.L. que tivo o seu último domicilio coñecido nas Barreiras, Bértoa s/n, Carballo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 11 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado