Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.493

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (446/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 446/2000 seguidos por instancia de Antonio Jaime Bello Vázquez e outros, contra Ignacio Bravo González sobre salarios, maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, con data do 18-12-2000, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Antonio Jaime Bello Vázquez e Jaime Francos Sesmonde, contra a empresa Ignacio Bravo González, debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ós actores das seguintes cantidades: a Antonio Jaime Bello Vázquez, en 1.093.441 pesetas e a Jaime Francos Sesmonde 869.763 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Ignacio Bravo González, que tivo o seu último domicilio coñecido en avda. Peruleiro, 22, 1º, A coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 20 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado