Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.486

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio da pel e o calzado da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio da pel e o calzado da provincia de Lugo (código 2700165), asinado o día 16 de marzo de 2001, pola representación da Asociación Empresarial de Comercio da Pel e Calzado da provincia de Lugo e das centrais sindicais UGT (100%), CC.OO. (0,0%) e CIG (0,0%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de abril de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Texto articulado do convenio colectivo

provincial do comercio da pel e o calzado

de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo sindical de traballo obrigan a totalidade das empresas e traballadores dedicados ó comercio da pel e calzado.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Afecta a Lugo e a súa provincia, polo que quedan incluídas dentro destas normas do presente convenio as empresas ou sucursais domiciliadas en calquera punto de Lugo e provincia.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2000 para tódolos efectos salvo ós que expresamente se renuncie, con independencia da data da súa publicación no BOP, rematando a súa vixencia o 31 de decembro de 2002.

Artigo 4º.-Denuncia.

Cunha antelación mínima de 30 días á data de remate do convenio deberá ser este denunciado polas partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará en todo caso a súa prórroga por un ano, en iguais termos, salvo no referente á táboa salarial.

Artigo 5º.-Interpretación do convenio.

Créase unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio. O citado órgano integrado por 5 representantes da asociación empresarial asinante e 5 pola parte sindical (3 representantes da UGT, 1 de CC.OO. e 1 de CIG), cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como do seu seguimento. Caso de non se chegar a un acordo nesta comisión, ámbalas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí convidas, manténdose as ad personam, en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artigo 7º.-Ingreso e período de proba.

Poderá concertarse, entre empresa e traballador, por escrito, un período de proba que en ningún caso poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados, nin de tres meses para os demais traballadores, excepto para os non cualificados; neste caso a duración máxima será de quince días laborables. No caso de concertarse o período de proba recollido neste artigo, tanto o empresario como o traballador están respectivamente obrigados a realiza-las experiencias que constitúan o obxecto da proba.

Artigo 8º.-Retribucións.

Os salarios pactados no presente convenio para o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2000 figuran na táboa de salarios adxunta como anexo I, que supón un incremento do 4% sobre da táboa de salarios do ano 1999.

Así mesmo figura anexa ó presente convenio, como anexo II, a táboa de salarios para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2001, que supoñen un incremento do 2% sobre da táboa de salarios do ano 2000.

Para o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2002 os salarios do convenio incrementaranse no IPC previsto polo Goberno para o ano 2002.

Para o segundo ano de vixencia do convenio, isto é, para o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2001 establécese unha cláusula de revisión salarial para o caso de que o IPC real estatal o 31 de decembro de 2001 supere o incremento do 2% pactado, no exceso da indicada cifra e con efectos desde o 1 de xaneiro de 2001.

Da mesma forma para o terceiro ano de vixencia, isto é, para o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2002 establécese unha cláusula de revisión salarial para o caso de que o IPC real estatal o 31 de decembro de 2002 supere o IPC previsto polo Goberno para o mesmo período, no exceso da indicada cifra e con efectos desde o 1 de xaneiro de 2002.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas afectadas por este convenio aboarán ós seus traballadores unha paga igual a unha mensualidade, incluída a antigüidade, nas datas seguintes: 22 de decembro, 25 de xullo e 22 de marzo.

Artigo 10º.-Aumentos periódicos por tempo de traballo.

Ó persoal comprendido no presente convenio seranlle aboados, desde a súa entrada na empresa, cuadrienios cunha porcentaxe que se fixará para tódalas categorías profesionais adxuntas no anexo a este convenio, no 6% do salario base pactado.

Artigo 11º.-Vacacións.

O período de vacacións establécese en 30 días naturais.

Artigo 12º.-Sobresoldo de transporte e vestiario.

Queda establecido para tódalas categorías e idades en 7.736 pesetas para o ano 2000 e en 8.000 pesetas para o ano 2001, por mes activamente traballado.

Para o ano 2002 o sobresoldo de transporte e vestiario sufrirá os mesmos incrementos que sufra o salario base do convenio.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

As empresas que teñen establecido usar roupa ou uniformes (o seu persoal) adecuado a cada tarefa, deberán entregar dous cada ano, ou un cada seis meses.

Artigo 14º.-Xubilación.

As empresas e os traballadores poderán pactar, previa a existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituí-los traballadores simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

As empresas e os traballadores poderán pactar, previa a existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións parciais ós 62 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1991/1984, do 31 de outubro, debendo as empresas substituí-la xornada reducida simultaneamente á xubilación parcial, por outros traballadores contratados a tempo parcial nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 15º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

A regulación legal en materia de apertura de establecementos comerciais e liberdade horaria non suporá modificación da xornada máxima de traballo prevista no convenio, e deberán respectarse en todo caso os descansos mínimos previstos na normativa laboral.

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

As empresas estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros que cubra nos casos de accidente laboral con resultado de morte e de invalidez permanente, total ou absoluta por importe de 2.500.000 pesetas.

As empresas disporán dun prazo de dous meses, contados a partir da data de publicación do presente convenio no BOP de Lugo para concertar coas compañías de seguros o incremento no importe da póliza pactado con respecto ó convenio anterior, operando a nova contía para os procesos iniciados a partir de que se cumpra o prazo indicado.

Para os efectos deste artigo, a cualificación de accidente de traballo e o grao de invalidez será a que fixen os órganos administrativos ou, de se-lo caso, xurisdiccionais competentes.

As indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo á póliza que se regula neste artigo consideraranse entregadas á conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar con cargo á empresa os tribunais de xustiza, compensándose ata onde aqueles alcancen.

Artigo 17º.-Axudas de custo e quilometraxe.

As axudas de custo para o persoal que, en razón dos métodos de organización da empresa deba efectuar saídas fóra do municipio no que radique o centro de traballo, quedan establecidas na seguinte forma:

Ano 2000:

-Media axuda de custo: 1.630 pesetas.

-Axuda de custo completa: 3.030 pesetas.

Ano 2001:

-Media axuda de custo: 1.665 pesetas.

-Axuda de custo completa: 3.095 pesetas.

O traballador que por necesidade do servicio teña que desprazarse fóra do lugar onde radique o seu centro de traballo empregando o seu vehículo particular percibirá por este concepto a cantidade de 28 pesetas/quilómetro.

Artigo 18º.-I.T.

As empresas completarán as prestacións con cargo á Seguridade Social, ata o 100% do salario do convenio, nos casos e coa duración que se indica a continuación:

a) No suposto de que a situación de I.T. sexa a consecuencia de accidente de traballo, o complemento aboarase mentres dure a situación de I.T.

b) No suposto de I.T. derivada de enfermidade común e accidente non laboral, o complemento aboarase unicamente cando se produza hospitalización do traballador e mentres dure esta.

Artigo 19º.-Modalidades de contratación.

O contrato de duración determinada, regulado no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Estatuto dos traballadores, poderá ter unha duración máxima de trece meses e medio dentro dun período de dezaoito meses. Esta duración máxima será de doce meses dentro dun período de dezaoito meses para os contratos concertados a partir do 3 de marzo de 2001.

Artigo 20º.-Licencias retribuídas.

O traballador poderá ausentarse do traballo, logo e aviso e xustificación, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) No caso de falecemento de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

b) No caso de accidente ou enfermidade grave, debidamente acreditada, de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

c) No caso de hospitalización de parentes de primeiro e segundo grao: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias o prazo será de catro días.

d) No caso de matrimonio do traballador: quince días naturais.

e) No caso de nacemento de fillo: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias o prazo será de catro días.

f) No caso de traslado de domicilio habitual: un día.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, incluído o exercicio do sufraxio activo.

h) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación do parto que deben realizarse dentro da xornada de traballo.

i) Os traballadores por lactación dun fillo menor de nove meses, teñen dereito a unha hora de ausencia do traballo que poden dividir en dúas fraccións ou a unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade.

j) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

En todo caso, o traballador terá dereito a aquelas outras licencias que resulten de aplicación en función do disposto na normativa legal vixente.

Disposición adicional

Única.-Aboamento de atrasos.

Os atrasos ós que haxa lugar como consecuencia da publicación do presente convenio, deberán aboar

se ós traballadores no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I

Táboa salarial convenio colectivo da pel

e o calzado de Lugo

Vixencia: 1-1-2000 ó 31-12-2000.

Categoría profesional

Soldo

mensual

C. transp.

e vestia.

Retribución

anual

Persoal mercantil técnico non titulado

Xefe de persoal

134.9707.7362.109.646
Xefe de compras134.9707.7362.109.646
Encargado xeral134.9707.7362.109.646
Xefe de almacén115.7517.7361.821.361

Persoal mercantil propiamente dito

Viaxante

100.8497.7361.597.831
Corredor de praza100.8497.7361.597.831
Dependente95.2727.7361.514.176
Dependente maior104.8007.7361.657.096
Axudante (menor de 22 anos)86.7957.7361.387.021

Persoal administrativo

Contable

100.8497.7361.597.831
Oficial administrativo95.2727.7361.514.176
Auxiliar administrativo86.7957.7361.387.021
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos72.1777.7361.167.751
Auxiliar de caixa86.7957.7361.387.021

Persoal de servicios e actividades auxiliares

Mozo

86.7957.7361.387.021

ANEXO I

Euros

Táboa salarial convenio colectivo da pel

e o calzado de Lugo

Vixencia: 1-1-2000 ó 31-12-2000.

Categoría profesional

Soldo

mensual

C. transp.

e vestia.

Retribución

anual

Persoal mercantil técnico non titulado

Xefe de persoal

811,1946,4912.679,23
Xefe de compras811,1946,4912.679,23
Encargado xeral811,1946,4912.679,23
Xefe de almacén695,6846,4910.946,60

Persoal mercantil propiamente dito

Viaxante

606,1146,49 9.603,16
Corredor de praza606,1146,49 9.603,16
Dependente572,6046,49 9.100,38
Dependente maior629,8646,49 9.959,35
Axudante (menor de 22 anos)521,6546,49 8.336,16

Persoal administrativo

Contable

606,1146,49 9.603,16
Oficial administrativo572,6046,49 9.100,38
Auxiliar administrativo521,6546,49 8.336,16
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos433,7946,49 7.018,32
Auxiliar de caixa521,6546,49 8.336,16

Persoal de servicios e actividades auxiliares

Mozo

521,6546,49 8.336,16

ANEXO II

Táboa salarial convenio colectivo da pel

e o calzado de Lugo

Vixencia: 1-1-2001 ó 31-12-2001.

Categoría profesional

Soldo

mensual

C. transp.

e vestia.

Retribución

anual

Persoal mercantil técnico non titulado

Xefe de persoal

137.6698.0002.153.035
Xefe de compras137.6698.0002.153.035

Categoría profesional

Soldo

mensual

C. transp.

e vestia.

Retribución

anual

Encargado xeral137.6698.0002.153.035
Xefe de almacén118.0668.0001.858.990

Persoal mercantil propiamente dito

Viaxante

102.8668.0001.630.990
Corredor de praza102.8668.0001.630.990
Dependente97.1778.0001.545.655
Dependente maior106.8968.0001.691.440
Axudante (menor de 22 anos)88.5318.0001.415.965

Persoal administrativo

Contable

102.8668.0001.630.990
Oficial administrativo97.1778.0001.545.655
Auxiliar administrativo88.5318.0001.415.965
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos73.6218.0001.192.315
Auxiliar de caixa88.5318.0001.415.965

Persoal de servicios e actividades auxiliares

Mozo

88.5318.0001.415.965

ANEXO II

Euros

Táboa salarial convenio colectivo da pel

e o calzado de Lugo

Vixencia: 1-1-2001 ó 31-12-2001.

Categoría profesional

Soldo

mensual

C. transp.

e vestia.

Retribución

anual

Persoal mercantil técnico non titulado

Xefe de persoal

827,4148,0812.940,00
Xefe de compras827,4148,0812.940,00
Encargado xeral827,4148,0812.940,00
Xefe de almacén709,5948,0811.172,75

Persoal mercantil propiamente dito

Viaxante

618,2448,08 9.802,45
Corredor de praza618,2448,08 9.802,45
Dependente584,0548,08 9.289,57
Dependente maior642,4648,0810.165,76
Axudante (menor de 22 anos)532,0848,08 8.510,12

Persoal administrativo

Contable

618,2448,08 9.802,45
Oficial administrativo584,0548,08 9.289,57
Auxiliar administrativo532,0848,08 8.510,12
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos442,4748,08 7.165,96
Auxiliar de caixa532,0848,08 8.510,12

Persoal de servicios e actividades auxiliares

Mozo

532,0848,08 8.510,12