Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

CONVOCATORIA e bases do XV Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos.

1. Obxectivo principal da presente convocatoria é fomentar e impulsa-la arte do gravado, entendida desde unha perspectiva actual como un xénero interactivo e aberto ás distintas linguaxes (fotografía, escultura, pintura, impresión de offset, instalacións, etc...), así como, nun sentido tradicional, sendo a súa intención última a consolidación gráfica dos fondos do museo municipal depende da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, para que, a un tempo, se converta nun espello do que significa ser gravador hoxe en día.

2. Poderán concorrer a este certame tódolos artistas de calquera nacionalidade que así o desexen.

3. A dotación económica dos premios ascende na súa totalidade á cantidade de 1.750.000 pesetas.

Primeiro premio: 1.000.000 de pesetas (impostos incluídos).

Segundo premio: 500.000 pesetas (impostos incluídos).

Terceiro premio: 250.000 pesetas (impostos incluídos).

4. Cada artista poderá presentar unha estampación asinada polo autor e realizada con posterioridade ó ano 1999.

5. O certame está aberto a tódalas técnicas gráficas reproducibles así como a todas aquelas linguaxes, soportes ou variantes gráficas que o autor estime convenientes incluíndo a tridimensionalidade.

6. As obras virán acompañadas dunha ficha técnica debidamente cuberta: nome do artista, domicilio, número de teléfono, prezo de venda, técnica utilizada, ano de realizada, ano de realización, fotografía ou diapositiva e currículum vitae.

7. A obra, conxuntamente coa documentación, remitaranse a portes pagados ó seguinte enderezo: apartado de correos, 2-XV Premio de Gravado Máximo Ramos-. Centro Torrente Ballester, Rúa do Hospital s/n. 15402-Ferrol (A Coruña)-España.

8. O prazo de admisión será desde a publicación das bases data o primeiro de setembro de 2001.

9. Da totalidade das obras recibidas o xurado fará unha selección para concorrer ós premios, as que participarán na mostra correspondente, as que figurarán no catálogo e as que serán opción de compra por parte do concello.

10. As obras seleccionadas exporanse no centro Torrente Ballester.

11. O xurado está facultado para concede-los premios, así como para declarar desertos calquera deles. As decisións do xurado son inapelables.

12. Ó remate da mostra, tanto as obras seleccionadas polo xurado como as que non serán devoltas ós autores a través do sistema que decida o comité organizador.

13. As obras que sexan devoltas ó Concello de Ferrol por causa allea á nosa vontade permanecerán depositadas no centro Torrente Ballester durante un período de catro meses, transcorrido este tempo o Concello de Ferrol poderá dispor libremente delas.

14. Tódalas obras premiadas quedarán en propiedade do Concello de Ferrol. Os gañadores estarán obrigados a entregar, segundo o tipo de obra, o orixinal ou a prancha correspondente ó traballo presentado, así como 3 exemplares numerados e asinados coa entrega da prancha, o artista autorizará o concello o uso da prancha ata unha tiraxe de 25 exemplares coa identificación do premio e do autor.

15. Non poderán concorrer ó certame o gañador do primeiro premio no ano anterior.

16. O xurado estará formado polo presidente, que será o alcalde ou concelleiro no que delegue, ademais dun secretario, que actuará con voz pero sen voto, así como cinco vocais de recoñecido prestixio no campo das belas artes nomeados pola comisión de cultura por proposta do seu presidente.

17. O dictame do xurado darase a coñecer inmediatamente despois do veredicto do xurado.

18. O Concello de Ferrol non se fará responsable dos desperfectos, extravíos ou roubos que puidesen derivarse do seu transporte.

19. O alcalde de Ferrol queda facultado para a adaptación destas bases ás necesidades da organización, sen que en ningún caso tales adaptacións poidan supor unha modificación substancial.

20. A representación a este premio implica a total aceptación das presentes bases.

Xaime Bello Costa

Alcalde