Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno desta Corporación, en sesión realizada o 13 de marzo de 2000, adxudicou o concurso de xestión indirecta, mediante concesión do servicio público de recolla de residuos sólidos urbanos en todo o municipio e o seu transporte a un centro de tratamento, limpeza viaria e desratización, á empresa Ferrovial Servicios, S.A. (Ferroser), polo prezo de 54.013.864 pesetas anuais.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Poio, 5 de abril de 2001.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde