Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

BASE do XVII Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol.

1. O Concello de Ferrol (Galicia-España), organiza o XVII Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol os días 11, 12, 13 e 14 de xullo de 2001, incluído na programación do 10º Festival de Música de Ferrol.

2. Poderán participar neste concurso pianistas de calquera nacionalidade, agás os que teñan cumpridos os 30 anos o día 11 de xullo de 2001 ou obtido o primeiro premio en anos anteriores.

3. O prazo de admisión de solicitudes finalizará o día 30 de xuño do 2001. As solicitudes enviaranse a:

Concello de Ferrol.

Concurso Internacional de Piano-Cidade de Ferrol.

(Concellería de Cultura).

Praza de Armas, s/n.

1402 Ferrol (Galicia-España).

Teléfono: 981 33 67 30; 981 33 67 25; fax: 981 33 67 56.

Para máis información no correo electrónico: (E-mail): cultura*ferrol-concello.es e a través da Internet: páxina web concello.(www.ferrol-concello.es).

O concursante deberá aboar 5.000 pesetas por dereitos de inscrición á conta corrente do concello en Caixa Galicia número 2091-0200-07-311-0000297.

4. O boletín de inscrición pode ser substuído por carta asinada polo interesado, na que faga constar:

a) Nome, apelidos, idade, residencia e nacionalidade.

b) Centro ou centros nos que cursou os estudios, premios acadados nas súas actividades musicais e un breve curriculum da súa vida musical.

c) Títulos e autores das obras elixidas.

d) Que coñece as bases deste concurso, está conforme con elas e acepta as decisións do xurado.

e) Acredita-lo pagamento dos dereitos de inscrición.

5. O concurso constará de tres probas: eliminatoria, semifinal e a final coa orquestra Real Filharmonía de Galicia.

6. Tódalas probas se interpretarán de memoria.

7. Antes de tomaren parte no concurso, os intérpretes presentarán un documento oficial (documento nacional de identidade, pasaporte ou similar) que garanta a súa identidade.

8. As probas darán comezo o día 11 de xullo de 2001 e rematarán o 14, no que se fará pública e a decisión do xurado, entregándose o importe dos premios e un diploma acreditativo dos premios obtidos.

9. O veredicto do xurado será inapelable.

10. Os concursantes presentaranse ata as 20 horas do día 10 de xullo no centro Torrente Ballester, r/ Concepción Arenal s/n (tlf. 981 35 90 00) momento no que se realizará o sorteo da actuación dos pianistas participantes.

11. A proba eliminatoria comeza ás 9 horas do día 11 de xullo.

12. Ningunha obra pode ser repetida ó longo das probas.

13. Os premios, suxeitos-se procede-ás retencións legalmente establecidas, serán os seguintes:

* Primeiro premio Cidade de Ferrol:

-1.300.000 pesetas (impostos incluídos).

-2 concertos coa orquestra Real Filharmonía de Galicia.

-1 recital na Sociedade Filharmónica de Ferrol.

-1 recital na Sociedade Filharmónica da Coruña.

-1 bolsa de estudios para o curso Música en Compostela.

* Segundo premio J. Arriola:

-650.000 pesetas (impostos incluídos).

-4 recitais na rede galega de teatros e auditorios patrocinados polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).

-Media bolsa de estudios para o curso Música en Compostela.

* Terceiro premio Xoán Viaño:

-300.000 pesetas (impostos incluídos).

-2 recitais na rede galega de teatros e auditorios patrocinados polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musiciais (IGAEM).

-Media bolsa de estudios para o curso Música en Compostela.

* Premio IGAEM:

-O IGAEM premia o mellor intérprete galego que participe no concurso con 300.000 pesetas (impostos incluídos), gasto que suplirá previamente o concello.

-4 Recitais na rede galega de teatros e auditorios patrocinados polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).

* Premio Gregorio Baudot de 300.000 pesetas (impostos incluidos) ó mellor intérprete español que participase na semifinal.

*Premio Pizzicato de 300.000 pestas (impostos incluídos) ó mellor intérprete de música española.

* Premio do público: o Concello de Ferrol ofrécelle unha peza de ourivería ó gañador do premio designado polo público mediante votación.

O concello entregará unha bolsa pola cantidade global de 300.000 pesetas para repartir entre os concursantes semifinalistas que non entren na final.

Nota: o caché dos concertos e recitais queda fixado en 100.000 pesetas cada un polas entidades patrocinadoras.

14. O presidente do concurso queda facultado para a adaptación destas bases ás necesidades de organización, sen que, en ningún caso, tales adaptacións poidan supor unha modificación substancial do seu contido.

Obras:

-Eliminatoria:

1. Un preludio e fuga do clavecín ben temporado, de J.S. Bach.

2. Un estudio, de Chopin ou Liszt.

3. Un estudio, de Scriabin ou Rachmaninov.

4. Un estudio, a elixir de Debussy, Bartoky, Stravinsky.

-Semifinal:

Un recital dun máximo de 45 minutos que incluirá obrigatoriamente:

a) Unha obra clásica ou romántica de importancia musical e pianística.

b) Unha obra española.

c) Unha obra de libre escolla do século XX (se é contemporánea, o concursante fará entrega da partitura).

-Final:

Un concerto para piano e orquestra a escoller entre os de Mozart (concertos números 20, 21 e 27); Beethoven (concertos números 1, 3 e 4); Chopin (concerto nº 1); Brahms (concerto nº 1).

15. O comité organizador será presidido polo alcalde do Concello de Ferrol ou concelleiro en quen delegue e por personalidades de recoñecido prestixio no mundo das artes musicais escollidos pola Comisión de Ccultura do Concello de Ferrol, por proposta do seu presidente.

Xaime Bello Costa

Alcalde