Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001, da Delegación Povincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación do procedemento sancionador de residuos (2000/1138 e CO-R-0023).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, (BOE nº 96, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, que poden ser recusadas en calquera momento da tramitación do procedemento se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo conselleiro de Medio Ambiente, segundo o artigo 37.1º da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para poderen examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado, que lles será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 10 de abril de 2001.

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 2000/1138.

Denunciado: Bra Rey. KPSE.

DNI: 32.406.677-E.

Último domicilio coñecido: avda. Vilaboa, 35-B 15189 Culleredo (A Coruña).

Infracción: facer un recheo sen autorización.

Tipificación: artigo 34.3º B) da Lei de residuos.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 100.001 pesetas.

Expediente: CO-R-003.

Denunciado: Bravo Gil, Juan.

DNI: 76.344.080.

Último domicilio coñecido: Lgar. Bañil, 9-Sta. Cruz 15173 Oleiros (A Coruña).

Infracción: vertedura de bidóns de pintura plástica e de esmalte, botes de disolvente, plásticos, cartóns, cabaletes de madeira e demais materiais.

Tipificación: artigo 34.3º B) da Lei de residuos.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 pesetas.