Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de pesca fluvial 2000/0092.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG n 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de mul-

tas e sancións da Xunta de Galicia número 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do

día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-lo impreso, normalizado, que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios

A Coruña, 10 de abril de 2001.

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente pesca: 2000/0092.

Denunciado: Lousa Souto, José Luis.

DNI: 32.430.302-A.

Último domicilio coñecido: Doutor Moragas, ptal. 2-8º D 15006 A Coruña.

Infracción: pescar sen licencia.

Tipificación: artigo 33.1º da Lei de pesca.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 10.000 pesetas.