Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.436

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (532/2000).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 532/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela, 6 de abril de 2001.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 532/2000, seguida por unha falta de ameazas, no que foron parte, como denunciante, José Mª Vázquez Rey e, como denunciados, Dolores Jiménez Montoya e Alfredo Hernández Barrul, pronunciou a seguinte sentencia.

Decido que debo absolver e absolvo a Dolores Jiménez Montoya e Alfredo Hernández Barrul, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña-Sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lles sirva de notificación de sentencia a Dolores Jiménez Montoya e Alfredo Hernández Barrul, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de abril de dous mil un.

O secretario

Rubricado