Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primera Istancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 243/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:
«Procedemento: xuízo de faltas 243/2000.
En Santiago de Compostela o dous de marzo de dous mil un.
En nome de El Rei.
Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 243/2000, seguida por unha falta de lesións, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciante, Jesús Porto
Gallego e, como denunciados, Francico Maseda Muíño e Carlos Maseda Muíño, pronunciou a seguinte sentencia.
Decido que debo absolver e absolvo a Francisco Maseda Muíño e a Carlos Maseda Muíño, con declaración das custas de oficio.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -Sección sexta, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.
Así, por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Francisco Maseda Muíño e a Carlos Maseda Muíño, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o dezaseis de abril de dous mil un.
O secretario
Rubricado